Skip to content

Manifesto do Partido Popular de Galicia co gallo do Día de Galicia

O noso obxectivo é só un: Galicia.

Se no abrente deste día puidésemos voar sobre da nosa terra e percorrela en todas direccións, asistiríamos á marabilla dunha mañá única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, ata as rías de Pontevedra, oureladas de piñeirais; dende as serras nutricias do Miño ou a gorxa montañosa do Sil, ata a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Coruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, ata o curuto do monte de Santa Tegra que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de gloria. O día de festa comeza en Santiago. Comeza a Festa Grande de Galicia.

 

Con estas palabras referiuse Castelao á celebración do Día de Galicia nun dos seus famosos discursos, Alba de Gloria, un percorrido maxistral por toda a nosa xeografía que honra a xeografía física e humana, que é un canto á cultura e lingua dun pobo antigo que mira ao futuro con afouteza e valentía.

 

As xentes do Partido Popular de Galicia quixemos expresalo dende un dos berces do galeguismo integrador, con raíces profundas na nosa terra. Mondoñedo é unha capitalidade cultural, unha das cruces que señorea o escudo dende tempos do antigo reino e que hoxe pode presumir dunha actividade social e cultural que se proxecta ao mundo enteiro.

 

Así o queremos deixar patente desde o PPdeG. Somos un partido centrado, ordenado, reformista e galeguista, que tivo e ten a responsabilidade de gobernar a construción da Galicia moderna que hoxe coñecemos, coa vocación de seguir situando a nosa terra cada vez con máis peso, importancia e presencia no mapa de España, Europa e o mundo.

 

Álvaro Cunqueiro é tamén un dos autores máis exportables da literatura galega, un mindoniense comprometido e sen complexos, dos que máis gusta cando é traducido a outras linguas. Moitas das súas mensaxes –impregnadas dun fondo galeguismo– teñen vocación de universalidade. El, coma nós, nunca someteu o seu ideario galeguista ás ideoloxías moitas veces contraditorias e sempre conflitivas da esquerda nin ás case sempre supremacistas dos distintos nacionalismos. A pesar dos tempos duros que lle tocou vivir, D. Álvaro foi sempre coherente cun pensamento de centro dereita, entre outras cousas porque coñecía Galicia moi ben. Por iso, na súa obra vemos a Galicia auténtica, sosegada, saboreada, integradora e traballadora.

            

Don Álvaro, que foi escritor, xornalista, dinamizador cultural e un intelectual de primeira orde, imaxinou tamén outras Galicias posibles. Cunqueiro deixounos a gran lección de que se queremos, podemos. Tamén a lección da humildade, pois a súa obra transcendeu á súa inmensa personalidade.

 

Así queremos que sexa tamén a obra das mulleres e homes do PPdeG que poñemos o ben común e a vocación de servizo público por diante de protagonismos, egolatrías ou liortas internas propias.

 

Así o demostramos recentemente culminando un importante e impecable proceso de reestruturación áxil e ordenado que deixou asombrado a moitos.

 

Estas e outras moitas son as mensaxes coas que queremos marcar o Día de Galicia, neste emblemático lugar de referencias cunqueirianas, pero tamén do Mariscal Pardo de Cela, Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga ou Andrea López Chao, fundadora de Hijas de Galicia de La Habana, o primeiro hospital xinecolóxico de América Latina e que naceu coa vocación de dotar de dereitos ás nosas mulleres na Galicia ideal da diáspora.

 

Reafirmámonos polo tanto no galeguismo integrador, entendido desde a familia común dun partido nacional con vocación de Goberno en España que ao mesmo é o que máis se parece a Galicia –o que podemos observar hoxe como unha marabilla única coa que Cunqueiro e outros moitos soñaron–, queremos contribuír hoxe a facer realidade desexándolle á nosa terra, no vindeiro, días de prosperidade e ventura.

 

O noso obxectivo é só un: Galicia.

 

Feliz Día de Santiago.

Feliz Día de Galicia.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies