Skip to content

Manifesto do PPdeG co gallo do Día de Galicia

Neste 25 de xullo, Día de Galicia, as mulleres e homes do Partido Popular queremos expresar unha vez máis o orgullo que nos produce ser membros dunha comunidade humana tan boa, xenerosa e fértil en relacións e integracións de moi distintos colectivos e xentes.

Unha boa mostra é que o noso día grande, que leva o nome do apóstolo fundador de Compostela e da capitalidade galega, tamén o compartimos con España enteira e con cidades que se denominan igual por todo o mundo. Somos, en palabras do presidente Manuel Fraga, unha terra antiga e anovada, un pobo situado nunha das fisterras de Europa, que participou activamente do último treito do século XX, que superou eivas e complexos ancestrais. En definitiva, unha Galicia orgullosa de si mesma que participa e participará do futuro de España e de Europa, achegando as súas mellores dotes neste labor integrador e de consenso iniciado décadas atrás.

Esa é a nosa Galicia, célula de universalidade, unha comunidade autónoma que mellorou nas últimas décadas en todos os ámbitos da realidade, na construción dun país que é meta de cada vez máis camiños e camiñantes que veñen buscar, atopar e atoparse a nesta parte do mundo.

Esta chegada de visitantes que xa medimos por millóns de persoas é unha das grandes riquezas que posúe calquera lugar do mundo e debemos considerarnos moi afortunados porque por primeira vez na historia somos centro desde a periferia, somos lugar e destino ao que ir porque aquí sabemos ser, estar e tamén recibir, como pobo acolledor e integrador.

Sendo conscientes dos moitos retos que temos por diante e que teñen que ver cunha realidade cada vez máis cambiante, vemos como a nosa comunidade vai ocupando espazos que resultan atractivos para persoas e entidades procedentes de latitudes moi distantes da nosa e que nos arrequentan a nós mesmos no día a día.

O avance en materia social, económica e cultural no que respecta á proxección internacional é unha realidade que ninguén pode negar, nin sequera dende as perspectivas máis pechadas que moitas veces queren illarnos defendendo unha versión torticeira da singularidade. Cómpre que, como pobo sempre vencellado a múltiples realidades, parte do mundo hispánico e lusófono, desterremos os discursos de quen cren nunha Galicia cativa que mira só cara a dentro e sigamos apostando por nós mesmos como pobo para convencernos que somos a mellor carta de presentación cara a todos os pobos do mundo.

Os do Partido Popular proclamamos coma sempre que a Nosa Terra non ten límites, está dentro e fóra de nós, existe en cada lugar onde hai galegos ou mostras de Galicia, e somos das culturas que máis probada teñen a capacidade para expandirse e convivir con outras moi distintas.

Estamos nun momento decisivo, pois a estabilidade e boa xestión das que se dotou a nosa Comunidade Autónoma a través dos distintos gobernos do PP, con Xerardo Fernández Albor, Manuel Fraga e Alberto Núñez Feijóo, impulsaron enormemente a nosa proxección, situándonos nunha posición privilexiada para os cambios que han de vir. A presenza de Galicia no resto de España e no estranxeiro multiplicouse exponencialmente nestes tempos, que o presidente Alfonso Rueda Valenzuela denominou Novo Rexurdimento. Sempre dende un posicionamento centrado, tolerante e dotado de amplas dotes de sentidiño, que nos fai albiscar un futuro moi esperanzador no que moitos dos bens que posuímos van dar bos froitos adobiados coa rexa enerxía que sempre nos caracterizou.

Por todo iso facemos un chamamento a observar a grandeza e xenerosidade dunha terra que sempre foi fiel aos seus principios, ao respecto pola Historia, pero aínda máis pola tradición, tal e como deixou dito Castelao, unha Galicia amable e fermosa que prefire as reformas aos cambios bruscos.

Un novo albor, en definitiva, para un dos berces dunha Europa que se fixo peregrinando a Compostela, dunha Galicia que transitou pola Historia da man da catedral do apóstolo, de Diego Xelmírez, de Rosalía de Castro e de Alfredo Brañas. Dunha terra que sempre amou os seus fillos e fillas, orgullosos de levar o nome de Galicia alá onde chegado o momento nos toque de estar.

Feliz Día de Galicia!

Noticias recomendadas

Os eurodeputados do PPdeG celebran o cambio de postura de Europa sobre o lobo: “Agora tócalle a Sánchez mover ficha”
 O Partido Popular de Galicia celebra que, grazas ao impulso do Grupo Popular no Parlamento Europeo, o Comité Permanente do Convenio de Berna veña de aprobar a redución do nivel
Millán Mon denuncia la ineficacia del Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) en la modernización de la flota
El eurodiputado gallego Francisco Millán Mon intervino ayer en el debate e intercambio de puntos de vista en la Comisión de Pesca del Parlamento Europeo, de la que es miembro
O Grupo Popular salienta que a Xunta sitúa a vivenda no centro das súas políticas, incrementando orzamentos, aumentando o parque público e creando novas liñas de axudas
A deputada do Grupo Popular María Deza asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “pon a vivenda no centro das súas políticas incrementando orzamentos, aumentando o parque
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies