Santiago, 9 de agosto de 2019.- A voceira adxunta do Grupo Popular Marta Rodríguez Arias replicou hoxe as declaracións do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicando que “sentido de Estado é que o representante ordinario do Estado en Galicia e o seu Goberno democrático, en exercicio das súas competencias, non teña o desprezo institucional que está a amosar nas últimas 72 horas, co visto bó da sucursal do Goberno en Galicia, que é no que se está a converter a delegación do Goberno na nosa Comunidade”.
Deste xeito Marta Rodríguez indicou que a petición do delegado do Goberno de “sentido de Estado para colaborar co Goberno “ ao presidente da Xunta “cae polo seu propio peso, xa que, á lista de agravios do Goberno socialista con Galicia estase unindo un desprezo institucional sen precedentes do que é cómplice necesario en Galicia o delegado do Goberno que non só non apoia as reclamacións galegas senón que aplaude o ninguneo ao Goberno lexítimo que representa a todos os galegos”.
A vicevoceira popular lamenta as declaracións do delegado do Goberno en Galicia e que “traten de converter aos galegos en vítimas do bloqueo político e institucional do Executivo central para facerlle oposición á Xunta nunha estratexia electoral sen precedentes, utilizando a chantaxe política para que Galicia reciba os 700 millóns de euros que lle adebeda o Goberno de Pedro Sánchez e que tanto necesita para atender os servizos fundamentais á poboación”.