Iniciativa sobre novas medidas para favorecer o acceso a formatos dixitais de obras en galego e fomentar a lectura dixital de calidade
Nos últimos anos os hábitos de lectura son o centro dunha constante transformación provocada pola aparición de novas tecnoloxías e a presenza de dispositivos electrónicos.
Este proceso de cambio cara o modelo dixital viuse acelerado co inicio da pandemia. As restricións tiveron como consecuencia un incremento do consumo de libro en formato electrónico.
As administracións públicas non poder ser alleas e este escenario e deben prestar atención á aceleración da transición dixital poñendo en marcha políticas públicas que teñan en conta unha dobre vertente:
Por unha banda, a mellora do acceso a formatos dixitais e, pola outra, o achegamento das posibilidades da lectura electrónica ao conxunto dos cidadáns.
A Xunta de Galicia, dentro do seu marco competencial, debe dar resposta ás novas demandas dos cidadáns e dar un novo impulso ás políticas que permitan o acceso á lectura dixital e de calidade.
Por todo o exposto, as deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en Comisión.
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a poñer en marcha novas medidas para favorecer o acceso a formatos dixitais de obras en galego e fomentar a lectura dixital de calidade”
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-002988