Skip to content

Miguel Tellado considera un “erro malintencionado” do BNG que pretenda facer culpable á Xunta da situación do sector naval de Ferrol ou do peche da central de As Pontes

Santiago, 23 de marzo de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, considerou hoxe no Pleno do Parlamento como un “erro malintencionado que o BNG pretenda facer culpable á Xunta da situación na que se atopa o sector naval de Ferrol ou do peche da central térmica de As Pontes, cando saben perfectamente que toda a responsabilidade é do Goberno de España”.

Neste sentido, demandou que o BNG “asuma as súas responsabilidades nesta situación, porque foron os nacionalistas galegos co seu voto os que fixeron presidente do Goberno a Pedro Sánchez, logo daquel pacto entre Ana e Adriana que ía salvar a Galicia de todos os males”.

 

Miguel Tellado reiterou que “desde o PPdeG vimos alertando desde hai moito tempo da difícil situación que se vive na comarca de Ferrol, coa ausencia de carga de traballo no sector naval, o peche anticipado da central térmica de As Pontes, a marcha de Siemens-Gamesa, a delicada situación da industria electrointensiva ou a perda de tráficos portuarios”.

 

INACCIÓN DO GOBERNO DE ESPAÑA

 

“Unha situación que se agrava por momentos ante a inacción do Goberno de España, de quen depende o estaleiro público da ría de Ferrol e a política enerxética que está a condicionar o futuro de moitas das industrias galegas”, manifestou.

 

Neste sentido, Tellado indicou aos deputados do BNG que “se equivocan de porta ao pretender facer culpable á Xunta da situación na que se atopa o sector naval de Ferrol ou do peche da central térmica de As Pontes, porque a responsabilidade é do Goberno de España”.

 

“Foi o BNG o que nomeou Presidente de Goberno de España a quen freou o proxecto de construción das Fragatas F-110; a quen decidiu pechar a central térmica de As Pontes, vinte anos antes de cando correspondería; e a quen decidiu xestionar os Fondos Next Generation dende a Moncloa, desatendendo as necesidades dos territorios”, lembrou. Ademais, dixo que “non só lle regalaron a Presidencia do Goberno ao PSOE a cambio de nada, senón que tamén o fixeron coa Alcaldía de Ferrol, o mesmo PSOE con quen o BNG cogoberna en moitos concellos e varias deputacións”.

 

EVITAR A CRÍTICA AO GOBERNO SOCIALISTA

 

Miguel Tellado lamentou que ao BNG “sempre lle parece pouco o que fai a Xunta, pero miran cara outro lado e buscan malas escusas para evitar criticar ao Goberno socialista”. Así, dixo que “non son de recibo os atrasos das fragatas F-110, o abandono do proxecto de Estaleiro 4.0, a negativa a construír un buque de acción marítima nos estaleiros de Ferrol, posicionarse en contra da construción militar por razóns ideolóxicas, ou rexeitar a UTE Windar-Navantia que devolveu Astano á actividade”.

 

Respecto do saneamento da ría de Ferrol, o viceportavoz popular subliñou que o Goberno galego “leva investido 115 millóns de euros na marxe sur da ría, e todo o sistema de depuración está en servizo coa posta en marcha da EDAR e a conexión da nova rede”. “Non pretenderán vir a este Pleno a instar á Xunta a facer o que xa está facendo”, cuestionou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies