O eurodeputado do PPdeG, Francisco Millán Mon, recibiu a visita dos rapaces de Novas Xeracións no Parlamento Europeo, en Bruxelas. Trátase dunha cita programada desde o despacho do eurodeputado galego para achegar a institución europea á xuventude, pois todos son menores de 30 anos.
Ademais, algúns dos integrantes da formación xuvenil do PPdeG participaron tamén na Youth Week do EPP, a semana da mocidade do Partido Popular europeo, na que interveñen 500 rapaces de todos os países membros da Unión Europea.
“A xuventude é o futuro do noso continente. Traballa por unha vida en paz, en igualdade e en liberdade”, subliñou Millán Mon mentres salientaba que este 2022 é o Ano Europeo da Xuventude.