Santiago, 17 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a eliminación da obrigatoriedade da habilitación nacional para os tesoureiros dos concellos de menos de 10.000 habitantes.
O acordo acadado esta mañá na Comisión 1ª, logo dunha transacción realizada co BNG, inclúe solicitar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que manteña nos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes a situación preexistente ata que se chegue a un acordo que satisfaga as pretensións da Federación Galega de Municipios e Provinciais (Fegamp).
Alberto Pazos manifestou que “é preciso racionalizar as necesidades de todos concellos, entendendo que o que resulta innecesario nos concellos de menor tamaño, pode ser importante para garantir o rigor e a transparencia nos concellos de maior tamaño”.