Santiago, 20 de agosto de 2018. A vicevoceira do Grupo Popular, Paula Prado, amosou hoxe no nome do PPdeG a firme condea e repulsa polo caso, confirmado hoxe como violencia machista, ocorrido onte en Cabana de Bergantiños onde unha muller foi asasinada pola súa parella, e trasladou a solidaridade coa familia e amigos da mesma.
Paula Prado aproveitou para dicirlle ás mulleres que poidan estar sufrindo situacións de violencia machista “que denuncien, que hai saída, e que atoparán acompañamento nas Administracións”.
A vicevoceira indicou que cada día hai máis recursos para atender ás vítimas, tanto en atención psicolóxica como as axudas económicas ou un programa de inserción laboral que a Xunta puxo en marcha, pioneiro en España. “Pero temos que seguir traballando para erradicar calquer mostra de violencia machista, temos que seguir educando en igualdade e promovendo na xuventude a educación en valores e principios alonxados de actitudes machistas”