Santiago, 9 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se reclaman á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en Galicia en todos os trámites que se realicen por esta entidade, corrixindo as eivas denunciadas e comprometéndose a revisar periodicamente os procedementos para garantir a súa rápida detección e solución.
A deputada popular Sandra Vázquez lembrou que a páxina web da Axencia Tributaria ten a opción de mudar o seu contido a calquera das linguas cooficiais do Estado e apuntou que “recentemente realizou cambios nos seus programas, pero a Xunta de Galicia está en contacto e traballando conxuntamente con ela para que a información estea actualizada á maior brevidade posible”.
“A Xunta está a cumprir dentro das súas competencias, e colabora con todas as administracións e entidades para que se poidan facer todas as tramitacións en galego”, apuntou a deputada popular.
O Grupo Popular apoia reclamar á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en todos os seus trámites
- viernes, 9 de junio de 2017
- 8:42 am
- Duración de lectura aproximada: 1 minute
Noticias recomendadas
<span style="font-style: italic;">Urda: memoria, dor e responsabilidade</span>
José Manuel Barreiro
Hoxe, Día dos Fieis Defuntos, é unha xornada para o recordo de quen xa non está entre nós.
Hoxe, Día dos Fieis Defuntos, é unha xornada para o recordo de quen xa non está entre nós.
O PPdeG reitera o firme compromiso coas inquedanzas dos Novos Galegos
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reuniuse esta tarde coa responsable do colectivo de Novos Galegos, María Fernanda Ruiz, e outros compañeiros das provincias galegas, para atender as inquedanzas
O PPdeG esixe medidas urxentes polo “incremento insostible” dos custos do gasóleo e dos fertilizantes ante a inacción do Goberno central
“Galicia sabe o que necesita o sector; o único que falta é a vontade política do Goberno central para cooperar e ir na mesma dirección que agricultores, gandeiros e pescadores”,