Santiago, 22 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega Pérez defendeu esta mañá no Parlamento “o traballo que realizan todos o persoal e funcionarios da Xunta que atenden as oficinas agrarias” e sinalou que os gandeiros e agricultores galegos poden solicitar as axudas ben a través de internet ou co asesoramento e colaboración do persoal destas oficinas.
Fronte ás críticas de En Marea, Daniel Vega salientou que o traballo de asesoramento e colaboración co gandeiro que se presta nas oficinas agrarias é “total e absoluto”. Neste sentido, manifestou que a oposición actúa “maquiavelicamente” porque “hoxe unha persoa que queira unha subvención pode pedila telematicamente ou pode trasladarse á oficina agraria e ter a axuda dos funcionarios da Xunta”.
INFORMACIÓN
Así mesmo, indicou que o Goberno galego “vai seguir traballando en facilitar información ao gandeiro” e lembrou que a principios de ano xa se informa no Diario Oficial de Galicia de todas as subvencións que se van conceder.
Respecto das axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria, Vega subliñou que na última convocatoria batéronse todos os rexistros no número de novas incorporacións cun total de 618 mozos que recibiron axudas por parte da Xunta. “Agora o noso papel é apoialos e seguir creando un rural con máis oportunidades”, indicou.