O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta realice un estudo sobre as necesidades de vivenda destinadas ao alugueiro social, tanto no aspecto cuantitativo como de emprazamento das solicitudes, para incorporalo ao plan de vivenda que substitúa ao Plan RehaVita 2015-2020.
Jaime Castiñeira explicou que o obxectivo é incrementar o número de vivendas destinadas a alugueiro social existentes no parque público, tanto propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo como dos concellos, incluíndo vivendas cedidas por entidades financeiras e vivendas postas a disposición da administración por particulares a través dos distintos programas existentes.