Santiago, 6 de xuño de 2018. A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, demandou hoxe ao BNG que “respecten a independencia e liberdade das universidades galegas, que non necesitan leccións de ninguén para facer o seu traballo”.
Marián García reiterou que no PPdeG “estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia e, por suposto, en contra de calquera tipo de violencia machista: física, psicolóxica, laboral ou sexual”. “Imos traballar e traballamos para que isto deixe de acontecer”, indicou.
Na súa intervención, a portavoz popular subliñou que “as universidades teñen recoñecida por lei a súa autonomía” e contan con oficinas de igualdade de xénero, cun protocolo contra o acoso sexual e un Plan de igualdade.