Skip to content

O Grupo Popular pedirá no Pleno unha reunión urxente do Comisionado do Corredor Atlántico con Galicia, Asturias e Castela e León; así como unha rectificación do Goberno central respecto da xestión dos fondos europeos

20 de xuño de 2023. O Grupo Popular demandará ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana a convocatoria urxente dunha xuntanza do Comisionado do Corredor Atlántico con representantes das comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Castela e León, co fin de avanzar nas actuacións e compromisos que se consideraron prioritarios; e unha rectificación na falta de planificación na xestión dos fondos europeos de recuperación, ofrecendo certezas para poder levar a cabo proxectos tractores para Galicia pendentes de financiamento.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que a sesión plenaria dará comezo coa toma de posesión dos deputados que se incorporan ao Parlamento galego en substitución dos novos alcaldes que tomaron posesión o pasado sábado, ao que seguirá o debate, para a súa aprobación, do proxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia, que adapta a lexislación existente do ano 1985 á realidade actual para protexer ás persoas máis vulnerables fronte a unha posible adición.

 

CULTURA EN AUXE

 

A continuación terá lugar a comparecencia, a petición propia, do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades para dar conta da situación do sector cultural galego, un dos ámbitos que se viu máis afectado polas medidas de prevención que obrigou a adoptar a pandemia da Covid-19. Esta situación motivou que a Xunta fora a primeira comunidade autónoma en aprobar un plan específico para a recuperación do sector cultural, ao tempo que solicitou ao Goberno central a convocatoria dun PERTE Cultural, medida que foi rexeitada.

 

Pedro Puy salientou que a cultura galega “soubo recuperarse e hoxe moitos dos indicadores xa son mellores aos de antes da pandemia”.

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular solicitará a urxente convocatoria dunha xuntanza do Comisionado do Corredor Atlántico coas comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León para avanzar nas actuacións e compromisos que se identificaron como prioritarios no desenvolvemento desta infraestrutura estratéxica.

 

O portavoz popular lembrou que a Xunta ten solicitado en varias ocasións unha reunión co Comisionado do Corredor Atlántico, respaldada incluso por un mandato unánime do Parlamento galego e pola incorporación a través da Comisión de Transportes da Unión Europea como proxecto prioritario da rede transeuropea, “pero seguimos sen saber nada a piques de rematar a lexislatura, polo que consideramos necesario que esta cuestión estea enriba da mesa do actual Goberno de España e do que saia das elecccións do vindeiro 23 de xullo”.

 

BAIXO NIVEL DE EXECUCIÓN DOS FONDOS EUROPEOS

 

En segundo lugar, o Grupo Popular solicitará ao Goberno de Pedro Sánchez que rectifique a falta de planificación que lle caracteriza na xestión dos fondos europeos de recuperación o ofreza certezas para poder levar a cabo e financiar proxectos tractores como os de Stellantis, Resonac, Sentury Tire, Altri ou Forestal del Atlántico.

 

Pedro Puy incidiu que “a centralización dos fondos Next Generation está a provocar un baixo nivel de execución dos mesmos, co que Galicia está perdendo unha oportunidade única para impulsar proxectos tractores de grande importancia e impacto no seu ámbito laboral e económico”. Ao mesmo tempo, o Goberno central está a conceder axudas directas a Cataluña e Valencia para o vehículo eléctrico e comprometendo a Asturas fondos do PERTE de descarbonización antes incluso de convocalo.

 

A orde do día do Pleno da vindeira semana tamén inclúe unha proposición non de lei conxunta dos tres grupos parlamentarios a través da que se insta á Xunta a promover campañas de información e sensibilización sobre a vinculación entre as complicacións médicas asociadas á enfermidade renal crónica e a diabetes mellitus tipo 2, para lograr unha maior prevención primaria desta enfermidade. Así mesmo, pídese desenvolver unha abordaxe temperá e multidisciplinar do paciente con estas patoloxías, impulsando plans específicos con dotación económica.

 

Para rematar, e dentro do apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular solicitará unha valoración do compromiso de manter a gratuidade para a totalidade do alumnado nas escolas infantís de Galicia e sobre as infraestruturas viarias de competencia estatal na Comunidade galega. Tamén se pedirá un balance das políticas impulsadas pola Xunta en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero nos últimos anos

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies