Santiago, 11 de maio de 2021.- O Grupo Popular incorporou hoxe no Pleno do Parlamento, á súa proposición non de lei demandando carga de traballo para os estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, a solicitude para que todas as administracións públicas, especialmente o Goberno de España, se sumen ao Pacto de Estado por Ferrol proposto polo Goberno galego.
O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, demandou “un posicionamento unánime” de todos os grupos parlamentarios na votaciÓn que terá lugar mañá, porque “a Ferrolterra se lle debe un Pacto de Estado, que non debería saír adiante sen a participación do Goberno de España”.
Tellado avogou pola necesidade de “involucrar a todas as administracións para buscar solucións conxuntas que faciliten novas oportunidades para Ferrol, diversificando a economía pero mantendo ao sector naval como estratéxico e irrenunciable”.
A proposición non de lei do Grupo Popular volve insistir na necesidade de que o Goberno central encargue aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun buque de acción marítima para a Armada Española, que dote de carga de traballo inmediata tanto para este centro como para a industria auxiliar.