Santiago, 1 de xuño de 2018. O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta de Galicia que realice un estudo histórico da variante do Camiño Peregrino Inglés a Santiago, que discorre desde o porto de Sada-Fontán ata Betanzos, lugar onde se une á ruta cara Santiago. A deputada popular Soraya Salorio afirma que este estudio facilitará a posterior delimitación desta variante do Camiño de Santiago, no caso de que tecnicamente sexa viable.
Soraya Salorio lembra que “desde o Grupo Municipal Popular de Sada xa presentamos unha moción no Concello, que se debateu o 27 de abril de 2017 e foi aprobada por unanimidade, na que solicitábamos ao alcalde que realizara contactos coa Xunta encamiñados á inclusión de Sada no Camiño Inglés de peregrinación a Santiago”.
“O noso interese é a promoción desta variante do Camiño Inglés, e para isto desde o Grupo Municipal Popular realizamos o pasado ano en domingos sucesivos rutas organizadas polo tramo entre o porto de Fontán-Sada ata Santiago”, sinalou a deputada popular.