Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Grupo Parlamentario Popular expresa o seu máis sentido pésame polo pasamento esta noite da deputada Isaura Abelairas á familia e a todos os compañeiros do Partido Socialista de Galicia.
A dedicación de Isaura Abelairas ao traballo parlamentario durante esta última etapa da súa vida é un exemplo inesquecible para todos nós de sacrificio persoal e entrega ao servizo público, a pesar da dura loita que mantiña coa enfermidade que sufría desde hai tempo.
Ademais de trasladar o apoio e solidariedade aos deputados do Grupo Socialista, o Grupo Popular ponse á súa disposición para acomodar os traballos parlamentarios destes días de xeito que poidan acompañar á familia e amigos de Isaura Abelairas nestes dolorosos momentos.