Skip to content

O Parlamento aproba a nova Lei de protección da saúde de menores e prevención de condutas aditivas, que protexe, se anticipa e actúa fronte aos novos riscos da infancia e a adolescencia

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova Lei de protección da saúde das persoas menores e de prevención das condutas aditivas, “que nace co obxectivo de protexer, anticipar e actuar fronte aos novos riscos que afectan directamente á infancia e á adolescencia”, manifestou a portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo. Neste sentido, asegurou que “non hai maior responsabilidade que coidar dos menores, defender o seu dereito a medrar sans, libres de presións comerciais, de contornas aditivas, de contidos tóxicos e de riscos que nin sequera existían hai só unha década”.

Encarna Amigo indicou que “estamos nun contexto social no que os perigos asociados ás adicións evolucionan máis rápido ca capacidade das familias, dos centros educativos e das propias institucións para facerlles fronte”. Por este motivo, considerou esta lei “imprescindible e necesaria, que actualiza o marco legal da Comunidade galega, integrándoo coa evidencia científica máis recente a na liña dos estándares europeos máis avanzados en saúde pública e protección do menor”.

EVITAR SUFRIMENTO, ENFERMIDADES E DESIGUALDADE

“Estamos a falar de crear oportunidades, de acompañar ás familias, de reforzar os centros educativos, de dotar de instrumentos aos concellos e de apoiar aos profesionais da saúde de dos servizos sociais”, sinalou a portavoz popular, quen afirmou que “cando actuamos desde a prevención, evitamos máis sufrimento, máis enfermidade e máis desigualdade”.

A portavoz popular concretou que “debemos protexer non só fronte ás adicións tradicionais, senón tamén fronte ás emerxentes” e avogou por reforzar a protección fronte ao tabaquismo e fronte ao consumo de alcohol, especialmente fronte ás novas modalidades como os cigarros electrónicos e vapeadores, bebidas de alta graduación ou campañas de publicidade encubertas en redes sociais.

Así mesmo, a nova lei inclúe, por primeira vez dun modo completo e sistemático, a regulación das condutas aditivas non asociadas a substancias, “porque hoxe sabemos que a adición non é só química: é psicolóxica, emocional e social”.

Encarna Amigo engadiu que a lei “vai traer máis seguridade, máis control e máis garantías, xa que reforza o control sobre a publicidade, a promoción e a venda de produtos potencialmente aditivos desde tres principios: proporcionalidade, responsabilidade e protección”. “Endurece o acceso de menores a máquinas expendedoras; regula espazos e contornas de risco; introduce un sistema de sancións proporcionado, que non busca castigar senón garantir o cumprimento; e establece o principio de tolerancia cero fronte á captación comercial de menores, ademais de incorporar un elemento fundamental: avaliación periódica e transparencia”, explicou.

Respecto dos concellos galegos, a portavoz popular asegurou que esta lei, “lonxe de implicar novas cargas, reciben instrumentos para protexer espazos públicos, regular actividades, ordenar contornas e reforzar actividades de ocio saudables”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular salienta que o compromiso do Goberno galego de tramitar a nova Lei de administración local ao longo do vindeiro 2026
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que a Xunta incrementou o Fondo de Cooperación Local un 47 por cento desde o ano 2021, unha partida que se
O Parlamento galego aproba a Lei de medidas fiscais e administrativas, con novas rebaixas fiscais e accións para facilitar o acceso á vivenda
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de medidas fiscais e administrativas, unha norma que “consolida o modelo de estabilidade, moderación fiscal, política social responsable e simplificación
O Pleno do Parlamento de Galicia aproba os orzamentos da Comunidade galega para 2026
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe os orzamentos xerais da Comunidade galega para o 2026, que garanten “o cumprimento das nosas obrigas, a estabilidade das nosas institucións e,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies