Skip to content

O Parlamento aproba reclamar ao Goberno o reforzo de efectivos da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, ante o recorte do 30% sufrido nos últimos anos

O Parlamento aprobou, hoxe, reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez o reforzo inmediato de efectivos da Unidade de Policía Adscrita de Galicia. A iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, que saíu adiante sen votos en contra, solicita, tamén, a integración dos efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil de maneira presencial no 112, como acontece noutras Comunidades.

A viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular e secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, advertiu do recorte do persoal da UPA en Galicia en máis dun 30%, que supuxo que, nestes últimos anos, unha perda media de nove policías ao ano. “O Goberno central nin está nin se lle espera cando urximos que cubra as vacantes da Unidade de Policía Adscrita de Galicia”, denunciou, para continuar explicando que, a día de hoxe, o número real de efectivos é de 335, unha cifra moi por debaixo dos 500 que lle corresponden á nosa Comunidade, tal e como figura no catálogo aprobado en 2007, o cal cualificou de “obsoleto e incompleto”.

Paula Prado recordou que tanto desde o PPdeG como desde a Xunta reclamouse, en diferentes ocasións, a cobertura de prazas desta unidade, un corpo “clave” para garantir a seguridade, pero “nunca temos resposta”: “O ministro de Interior prometeu 50 axentes máis para Galicia e, catro anos despois, non só non chegaron eses axentes, senón que a UPA, cada vez, ten máis vacantes sen cubrir”. Ao mesmo tempo, fixo referencia á situación actual do corpo policial, no que tres de cada dez postos están vacantes, a falta de mandos dificulta os labores organizativos e no que moitos efectivos teñen que deixar de facer funcións operativas para poder desempeñar labores administrativos.

Para rematar, a viceportavoz popular apelou “á conciencia nacionalista” para que a nosa Comunidade teña un trato preferente e instou ao BNG “deixe de ser cómplice” do Goberno central “a cambio de nada para Galicia”.

Así, afeou á dobre vara de medir do Goberno central entre Comunidades, xa que, tal e como dixo, pretende que Galicia asuma o 50% do custe das nóminas: “En lugar de darlle a Galicia unha situación diferenciada, o que fai é castigala con menos recursos”. Ademais, recordou que os gastos de funcionamento e as produtividades xa corren a conta da Xunta.

CENTRO DE ALTO RENDEMENTO DE GALICIA
Por outra banda, o deputado popular Argimiro Marnotes avogou pola participación do tecido deportivo galego no deseño do futuro centro de alto rendemento de Galicia. Así, a través dunha proposición non de lei, aprobada por unanimidade, explicou que, para que sexa unha infraestrutura útil, moderna e verdadeiramente adaptadas ás necesidades do deporte galego, hai que escoitar ás federacións que son, dixo, “as que coñecen a realidade de cada modalidade, saben das carencias actuais, traballan cada día cos deportistas e poden achegar unha visión técnica imprescindible”.

“Pedimos que o deseño dunha infraestrutura estratéxica conte coa voz de que logo a vai utilizar, aproveitar e poñer ao servizo dos deportistas galegos”, apuntou. E sinalou que o futuro centro dará resposta ao crecemento que o deporte galego vén experimentando nos últimos anos. Galicia conta con máis de 1.800 persoas con recoñecemento vixente no ámbito do alto nivel, do alto rendemento e do rendemento deportivo de base, ademais de adestradores, árbitros, xuíces e deportistas de alto nivel vitalicio.

Noticias recomendadas

O PPdeG esixe que se manteña o texto acordado por unanimidade no Parlamento galego para a transferencia da AP-9 a Galicia
O PPdeG esixe que se manteña o texto acordado por unanimidade no Parlamento galego para a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia, tras coñecerse as emendas transaccionais pactadas
O PPdeG reclama ao Goberno central “información detallada” do programa da sociedade pública estatal Casa 47
O PPdeG instou, hoxe, ao Goberno central a que dea información detallada sobre o programa da sociedade pública estatal Casa 47. Neste senso, reclamou coñecer os solos afectados en Galicia,
Paula Prado defende a política “valente” de “percorrer as parroquias” que fan os alcaldes de concellos rurais, co exemplo de Sito Gómez en Moraña
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o traballo diario de alcaldes e alcaldesas que gobernan en concellos rurais, como é o caso de Moraña, co popular Sito Gómez
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies