Santiago, 20 de outubro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que habilite un carril-bus temporal á altura da obra de Sol y Mar, na estrada estatal AC-12/N-VI, no concello coruñés de Oleiros.
O deputado popular Adrián Pardo considerou como “moi necesaria e demandada” a obra de Sol y Mar, pero lamentou as retencións á circulación que está a provocar cos conseguintes desaxustes horarios nos servizos de transporte público por estrada, que nalgúns casos chegan a superar os 40 minutos de retraso.
En concreto, referiuse aos problemas que están a padecer as liñas de autobús que teñen que pasar por esta zona e cubrir a ruta coa regularidade horaria desexable: A Coruña-Lugo; A Coruña-Ourense; as liñas metropolitanas; e A Coruña-Betanzos.
PROPOSTA DA XUNTA
Pardo lembrou que a Xunta “xa propuxo no seu día á Subdelegación do Goberno en A Coruña como solución a habilitación temporal dun carril-bus, ante o que recibiu como resposta que ‘as demoras medias en horas punta para o tráfico de entrada e saída á cidade de A Coruña non supera os 5 minutos”.
“Porén, á realidade é ben diferente e algunhas das concesionarias nas que viaxan estudantes reflexan que os autobuses saen puntuais do seu punto de orixe pero que por mor das obras acumulan retrasos de máis de media hora”, lamentou.
Diante desta situación, as empresas concesionarias dos diferentes servizos afectados xa trasladaron ou amosaron a súa disposición a formalizar diante da Subdelegación do Goberno en A Coruña unha petición para habilitar un carril-bus de xeito provisional mentres dure a realización desta obra de Sol y Mar.