Santiago, 19 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que realice as xestións que sexan necesarias ante a Comisión Europea para a consecución dunha efectiva reapertura da pesqueira da cigala á maior brevidade posible.
A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, lembrou que a Comisión Europea e España “se teñen comprometido, en relación coa cigala do Cantábrico, a continuar traballando para solicitar no primeiro semestre de 2021 unha revisión da recomendación científica en base aos resultados das campañas centinela que se veñen realizando nas unidades funcionais 25 e 31”.
En concreto, no referente á apertura da pesqueira da cigala no área VIIIC, “demandamos a formulación de negociacións coa Comisión Europea para establecer un TAC anual que permita a apertura e explotación da pesqueira en condicións sustentables e acordes cunha análise rigorosa do estado do recurso, así como a adecuación de medidas técnicas de explotación que acompañen esta apertura, de maneira que se materialice a vontade de adecuación ao estado do recurso que o sector ten”, dixo a portavoz popular.