Skip to content

O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Fomento o remate dos tramos Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei da A-54 no ano 2020

Santiago, 29 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento axilidade na execución das obras pendentes da autovía A-54 entre Santiago e Lugo, co obxectivo de que o treito Lavacolla-Arzúa poida estar finalizado no primeiro semestre de 2019 e que os tramos Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei se rematen no ano 2020.
 
 

 

A deputada popular Julia Rodríguez lembrou que “estamos a falar dunha autovía cunha lonxitude de 85 quilómetros que mellorará notablemente as comunicacións por estrada entre Lugo e Santiago, así como nas comarcas de Arzúa, Melide e A Ulloa. Neste sentido, apuntou que “cobra especial importancia ante a ausencia doutras opcións óptimas de transporte, como pode ser o transporte ferroviario”.
 
 

 

“A pesar da relevancia desta infraestrutura para o desenvolvemento deste territorio, esta autovía leva en proxecto preto de 20 anos e, a pesar de que era unha das actuacións comprometidas no Plan Galicia do ano 2003, chegamos ao ano 2019 e os veciños seguen esperando a ver materializada e executada na súa totalidade esta importante vía de comunicación”, indicou.
 

 

 

ESPECIAL IMPORTANCIA DE CARA AO XACOBEO 2021
 
 

 

Actualmente, atópanse en servizo os tramos entre Santiago-Lavacolla e Palas de Rei-Lugo, mentres que o treito de 18 quilómetros entre Lavacolla e Arzúa atópase a piques de rematar e os treitos Palas de Rei-Melide e Melide-Arzúa están en execución. “Coas obras iniciadas en todos os tramos, é necesario axilizar ao máximo os traballos para culminar unha infraestrutura prioritaria para mellorar a mobilidade e reforzar a seguridade viaria dos usuarios, veciños e a multitude de peregrinos que diariamente transitan pola N-547 entre Lugo e Santiago”, demandou.
 

 

 

Julia Rodríguez subliñou que coa celebración do Xacobeo 2021 “cobra unha especial importancia o remate desta autovía”, porque “é aconsellable ter dispoñible un viario que favoreza a seguridade dos milleiros de peregrinos que fan o Camiño de Santiago ao descargar de tráfico rodado os contornos nos que conflúe coa estrada nacional”.
 
 

A deputada popular lembrou que “o propio ministro de Fomento manifestou na súa recente visita realizada a Lugo que se traballa en poñer en servizo a A-54 no 2021, atendendo a demanda realizada polo Presidente da Xunta no seu momento”. Porén, “a realidade fainos desconfiar porque as obras, a ausencia de información concreta sobre prazos e previsións para o remate dos treitos nos levan a pensar que poderíamos estar ante novos atrasos inxustificables neste momento e nesta fase de execución desta autovía”, manifestou.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pedirá o apoio do Parlamento galego á implantación do proxecto empresarial de Altri en Palas de Rei
O Grupo Popular solicitará, a través dunha proposición non de lei, o apoio do Parlamento galego á implantación da iniciativa empresarial de Altri en Palas de Rei, instando á Xunta
Paula Prado: “No PPdeG apostamos por un Goberno ao estilo de Galicia, que recolle o mellor do pasado para blindar o noso presente e construír o noso futuro”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, amosou hoxe a súa satisfacción co Goberno designado esta semana polo presidente Alfonso Rueda, ao que definiu como “un Goberno ao estilo de
Millán Mon recibe en Bruselas a miembros de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)
El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon se reunió hoy en el Parlamento Europeo con representantes de la cooperativa CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), una referencia en el sector agroganadero gallego. El
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings