Santiago, 1 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que adecúa e afine os modelos de xestión das cotas para evitar que existan paralizacións provisionais de especies fundamentais cando non sexan rendibles economicamente segundo os datos de consumo e que prexudican gravemente a frota galega.
O Goberno de España, a través dos seus Ministerios @mapagob @mitecogob debería prestar máis atención a #Galicia e á pesca ⛴
As resolucións de apertura e peche dalgunhas zonas, causáronlle prexuizos importantes ao sector ? pic.twitter.com/9yxIaNxZPt— Teresa Egerique Mosquera (@temtem23) February 1, 2022
A portavoz popular do Mar, Teresa Egerique, lembrou que hai unhas semanas “asistimos á adopción de medidas de xestión que xeraron malestar e tamén incredulidade entre a frota pola súa incongruencia e falla de coordinación”. En concreto, referiuse aos peches e reaperturas das pesquerías do bonito e do ollomol, cuxos datos de captura son transmitidos de forma electrónica e que xeran unha contabilización case automática, polo que os niveis de consumo das cotas se poden coñecer practicamente en tempo real.
?Aprobada por unanimidade no @Par_Gal a iniciativa do @ppdegalicia sobre a adecuación dos modelos de xestión das cotas para evitar paralizacións de especies fundamentais que prexudican a frota galega, @temtem23 sinala os agravios para a frota galega do Goberno central ? pic.twitter.com/RzMljT8aqa
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) February 1, 2022
NEGOCIACIÓN DE INTERCAMBIOS
Así, sinalou que a Secretaría General de Pesca estableceu o pasado 5 de novembro o peche da pesqueira de ollomol para os buques de pavillón español con motivo do suposto esgotamento da cota asignada, pero posteriormente, o 28 de decembro, publicou unha resolución coa reapertura desta pesqueira, xa que afirma que tras a revisión dos datos dispoñibles obsérvase que existe un remanente de cota dispoñible deste stock.
“O sector non entende como se pode pechar unha especie de alto valor comercial e non reabrila para a súa pesca antes das datas de Nadal, cando acada prezos importantes, e mesmo deixar só tres días para rematar unha cota que non vai poder ser desembarcada ata períodos de baixos prezos”, manifestou Egerique.
A portavoz popular explicou que, diante destes peches prematuros acordados polo Goberno central, “a Consellería do Mar xe pedira no mes de agosto de 2018 a negociación de intercambios de cota con outros estados e mesmo o adianto de parte da cota do ano seguinte que permitise continuar pescando, petición que se negou naquel momento”.
Ademais, insistiu que “desde Galicia sempre apelamos a que se teña en conta a dependencia das frotas e as características de cada pesquería, xa que non é lóxico que se peche unha pesquería de xeito inesperado a finais dun mes, se solicite o intercambio de cotas por parte de Galicia e se lle denegue naquel momento, pero despois se reabra a campaña a mediados do mes seguinte”.
Por este motivo, a Xunta xa remitiu unha comunicación ao Goberno central para trasladarlle o seu malestar ante esta xestión e sinalou a necesidade dunha mellor xestión en cada xuntanza que tivo coa SEGEPESCA.