Santiago, 20 de xuño de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, avanzou hoxe que no Pleno da vindeira semana procederase ao debate para a súa aprobación definitiva do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga; así como a toma en consideración do Proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia.
?O próximo Pleno do @Par_Gal acollerá o debate para a aprobación definitiva do proxecto de lei de mellora de xestión do ciclo integral da auga,permitirá uso racional dos recursos hídricos, aforro de auga, optimización das redes de saneamento e mellora da depuración @paulapra2 pic.twitter.com/7QU2ZXsxZX
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 20, 2022
Respecto do Proxecto de Lei de mellora do ciclo integral da auga, Prado concretou que “permitirá un uso racional dos recursos hídricos, o aforro de auga, a optimización das redes de saneamento e a mellora da depuración”.
Ao mesmo tempo, ofrécese aos concellos con dificultades un modelo de adhesión para que cedan, se así o deciden de xeito voluntario, a xestión dos seus sistemas de saneamento, abastecemento ou depuración a Augas de Galicia. “ Todo isto sen crear novas taxas e respectando, en todo momento, a autonomía municipal para decidir a mellor forma que consideren para xestionar o servizo de auga e saneamento no seu concello”, asegurou.
NORMA PIONEIRA PARA AXILIZAR ÁREAS EMPRESARIAIS
Así mesmo, na sesión plenaria da vindeira semana procederase á toma en consideración do proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, “unha norma pioneira a nivel estatal e que ten por obxectivo axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo para as empresas, garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e o fomento da actividade económica en Galicia”, concretou Paula Prado.
Ademais, dixo que “estamos a falar da primeira normativa específica que permite crear áreas estratéxicas para facilitar con maior rapidez a implantación empresarial sen prescindir de seguridade xurídica”.