A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou o rexeitamento do Goberno de España a traspasar a titularidade da AP-9 a Galicia e denunciou o evidente agravio comparativo que supón esta decisión, tendo en conta que o Executivo central si asumiu o rescate de autoestradas noutras comunidades.
Prado asegurou que resulta incomprensible que o Goberno actúe con criterios distintos segundo o territorio e preguntou “por que noutros lugares si se rescatan infraestruturas viarias mentres a Galicia se lle nega unha demanda xusta e unánime”.
Desde o PPdeG insistiron en que a AP-9 é unha infraestrutura clave para a mobilidade, a economía e a cohesión territorial de Galicia, polo que reclamaron unha vez máis respecto institucional e un trato equitativo para os galegos.