Santiago, 24 de novembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, criticou hoxe que tanto En Marea, como PSOE e BNG “estean cegados por facer ruído no eido educativo e sexan incapaces de asumir que o novo Goberno central xa anunciou que as avaliacións finais de bacharelato e de 4º de ESO non van ter efectos académicos e hoxe mesmo acordara cos reitores que a proba de bacharelato para acceder á universidade será similar ás antiga selectividade”.
“Non queren recoñecer que as últimas medidas acordadas polo Goberno central botan abaixo os seus argumentos para mobilizar aos estudantes, porque non lles interesa o benestar dos alumnos, senón o rédito político que poidan sacar con folgas estudantís nun momento de vital importancia para os mozos e mozas que cursan 2º de bacharelato”, sinalou.
NON ACEPTAR A NOVA REALIDADE
César Fernández apuntou que “hoxe volvemos comprobar como a oposición prefire alarmar ás familias e aos alumnos con mensaxes falsos antes que aceptar a nova realidade, xa explicada polo propio ministro de Educación”. En concreto, lembrou que, por unha banda, “xa se anunciou que a avaliación final de Bacharelato só a terán que facer os alumnos que desexen acceder á universidade, polo que non vai ter efectos académicos e os alumnos examinaranse só das materias troncais de 2º de bacharelato”.
“Respecto da avaliación final de ESO, tamén se anunciou que será muestral, é dicir, só a farán determinados centros, non terá efectos académicos e o exame centrarase unicamente en materias troncais”, lembrou.
TRABALLO DA CONSELLERÍA COAS UNIVERSIDADES
César Fernandez avogou por “continuar avanzando na boa dirección para lograr un Pacto Nacional de Educación, avalado pola vontade de consenso que está a demostrar o novo Goberno de Mariano Rajoy escoitando e valorando as demandas que lle formula a comunidade educativa”.
Neste sentido, Fernández recordou que “Galicia xa solicitara no seu momento eliminar os efectos académicos da proba de ESO e realizar unha nova proba de Bacharelato o máis parecida á antiga selectividade”. “Partindo desta base, a Consellería de Educación púxose a traballar desde o primeiro momento coas tres universidades e coa Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para abordar a mecánica e as cuestión técnicas da realización da proba”, indicou.