O PPdeG suxírelle aos independentistas galegos e ao resto de socios do Goberno central que «deberían pedir retirar a Pedro Sánchez da Moncloa en vez de solicitar retirar o busto de Fraga dos pasillos do Senado», trala petición da esquerda de retirar esta estatua.
Para os populares galegos, trátase dunha nova «falta de respecto do BNG a todos os galegos e galegas, que durante máis de 15 anos lle outorgaron maiorías absolutas a Fraga, plenamente avalado, polo tanto, pola súa traxectoria na nosa Comunidade».
O PPdeG defende o «orgullo de legado» de Fraga, que sentou unhas bases para construír «o partido forte que hoxe somos». Así, o seu traballo e o seu compromiso con Galicia «son o espello no que hoxe aínda se mira a familia do PPdeG».
A pesar da insistencia da esquerda en desfacer e reescribir ao seu antollo a Historia de España, o PPdeG defenderá sempre ao seu fundador e un dos pais da Constitución Española.
«O independentismo galego debería preocuparse máis en loitar fronte aos agravios do Goberno de Sánchez e menos en axudalo con este tipo de cortinas de fume», insisten os populares.
Cómpre lembrar que a Mesa do Senado xa rexeitou o 21 de marzo de 2023 unha petición similar, xustificando que Fraga «foi relator da Constitución de 1978» na súa condición de deputado, presidente da Xunta de Galicia e senador.