15 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia estreará este xoves nas súas redes sociais un programa de podcast que levará por título en Primeira Persoa e no que diferentes candidatos das catro provincias galegas serán entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.
“Os nosos candidatos sempre escoitan aos seus veciños e agora chegou o momento de que os veciños poidan escoitar ao seu candidato”, esa é a máxima coa que os populares galegos plantexan este novo e inédito formato de entrevistas.
Un produto audiovisual que estará dispoñible tanto en formato vídeo en Youtube como en audio a través da plataforma iVoox e cuxo contido será adaptado aos diferentes formatos das redes sociais coas que xa conta o partido, ás que a proximamente unirase tamén TikTok.
O primeiro episodio desta serie de podcast emitirase este xoves a primeira hora da mañá e nesta ocasión o entrevistado será Nico Montes, candidato do PP á alcaldía de Tui. Durante as seguintes semanas, cada martes e xoves, serán moitos máis os candidatos que se someterán a este particular cuestionario co que se busca “que a cidadanía vexa aos seus políticos dun xeito informal, como persoas próximas, como amigos, máis aló de discursos e de ideoloxías”. En definitiva: “Coñecer á persoa que hai detrás do político”.
Esta acción enmárcase nas semanas previas ás eleccións municipais do 28 de maio, nas que a formación se marca 313 obxectivos que pretende acadar cos mellores candidatos, cos mellores equipos e cun gran proxecto común: “Saímos a gañar e non renunciamos a nada”.
Estas son as redes sociais onde estará dispoñible o podcast en Primeira Persoa: