Os deputados do Partido Popular de Galicia no Congreso lamentan que o Goberno de Sánchez, formado por membros do PSOE e Sumar e apoiado polo BNG, volveran consumar unha “aldraxe inaceptable” a Galicia cun novo bloqueo ao debate de transferencia da titularidade da AP-9.
Fano logo de que hoxe mesmo a Mesa do Congreso dos Deputados –dominada polos socialistas e os seus socios– acordase o 19ª prórroga no prazo de presentación de emendas á proposición de lei relativa a esta cuestión e cuxa toma en consideración polo procedemento de urxencia foi aprobado no mes de xuño do ano pasado. Un novo bloqueo que fai que os adiamentos na tramitación desta iniciativa ascenden aos 34 desde a chegada de Sánchez á Moncloa.
«A Mesa do Congreso, seguindo instrucións de Pedro Sánchez, non ten inconvinte en desoír unha vez máis a proposta unánime do Parlamento de Galicia de que esta transferencia se tramite na comisión correspondente e que poida traballarse na elaboración do ditame”, expresa o deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado.
Delgado considera este “boicot”, que “conta co beneplácito do PSOE galego un novo “desprezo inaceptable” á comunidade autónoma e a todos os galegos e galegas, e di non entender como o BNG apoia constantemente a este Goberno.