Skip to content

O PPdeG prepara un Congreso reformista e renovador para continuar sendo o partido que máis se parece a Galicia

Feijóo confirma que volverá pedir a confianza da militancia, pois liderar a organización é o seu xeito de estar á disposición dos galegos

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a súa formación prepara un Congreso reformista e renovador para seguir sendo o partido que máis se parece aos galegos, precisando que as integrantes da COC teñen a misión de orientar toda a organización deste Conclave a un único obxectivo: reforzar os vínculos do partido con Galicia.

 

Así, malia que Pepa Pardo, Sandra Vázquez, Rosa Gallego, Begoña Blanco, Paula Mouzo, Eugenia Vázquez, Patricia Lamela e Patricia Torres terán a principal responsabilidade de organizar o Congreso, o líder os populares galegos aclarou que todos os demais militantes teñen a de participar, a de propoñer e a de dar a nova visión que crean necesaria para o partido.

 

Logo de manifestar que o PPdeG non é un proxecto individual senón colectivo e que está por riba de calquera personalismo, recordou que todos os membros da formación remaron na mesma dirección para poder reproducir a maioría absoluta en plena pandemia, unha resposta de gran xenerosidade á que Feijóo quere corresponder. Por este motivo, apuntou que volverá pedir a confianza da militancia para seguir a disposición do seu partido, xa que ese é o seu xeito de seguir a disposición de Galicia.

 

UNHA OPORTUNIDADE

Durante a súa comparecencia na Xunta Directiva que convocou o 17º Congreso autonómico, o presidente fixo fincapé en que, ata a súa celebración, os populares teñen a oportunidade de seguir deseñando a Galicia do futuro, que quere seguir crecendo, reforzando os seus servizos públicos e que ten que estar acompañada dun partido aberto e accesible; tres obxectivos que marcarán as ponencias que desde hoxe se propoñen elaborar para que sexan aprobadas no Conclave.

 

UNHA GALICIA QUE QUERE VOLVER CRECER

Feijóo insistiu en que o gran reto da Galicia post-pandemia será a reactivación económica e, para acadala, declarou que os populares teñen a receita clara: máis emprego e menos impostos, algo que tamén significa defender a nosa autonomía fiscal, o noso dereito civil e ás 142.000 persoas que se beneficiaron do noso sistema de herdanzas en vida.

 

Igualmente, indicou que o futuro da Comunidade pasa por ser unha terra con máis oportunidades, mellor conectada e máis innovadora; así como por ser máis verdes, pero tamén máis competitivos. Para iso, recoñeceu que se necesita unha transición xusta, lamentando que levemos tres anos sufrindo neste país unha imposición e unha intransixencia enerxética que está provocando paro e a caída da produción industrial.

 

Tras manter que Galicia ten as características, os recursos e a capacidade necesaria para ser unha gran potencia enerxética verde, pediu que, mentres constrúen o novo modelo, outros non destrúan o tecido industrial.

 

SERVIZOS PÚBLICOS PARA AS PERSOAS

No seu discurso, lembrou que o seu Goberno leva máis dunha década construíndo uns servizos públicos que son unha referencia, como se demostrou durante a pandemia. Neste sentido, subliñou que no ámbito educativo estamos rematando o curso escolar máis complexo da nosa historia con éxito e que se está deseñando o Plan de Arquitectura Pedagóxica; no social, admitiu que seguirán reforzando a atención a todas as etapas da vida dos galegos; mentres, no sanitario, continúan coa axenda de renovación de infraestruturas clave, unha realidade que está por riba de todas as mentiras da oposición.

 

UN PARTIDO MÁIS ABERTO

Ademais, Feijóo defendeu que para xestionar a Galicia do presente e deseñar a do futuro necesítase do mellor PP, dun partido no que cabe todo o mundo, ao que lle gusta contar coa experiencia e a traxectoria, e con conviccións firmes pero libre de sectarismos e de doutrinas.

 

De feito, reivindicou que, no ano no que conmemoramos o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía, a súa formación foi decisiva na transformación económica e acompañou sempre á sociedade galega na súa modernización, por iso é un partido tan grande e representativo da nosa Comunidade.

 

SERVIDORES DOS CIDADÁNS

Alberto Núñez Feijóo resaltou a vitoria electoral do PPdeG en xullo do ano pasado e cuestionou aos partidos que, pese a perder, avalían os resultados con soberbia, seguen empecinados en que se equivoca a Comunidade e non eles, e que se cren donos de Galicia. Sen embargo, destacou que os populares saben que, malia gañar, teñen que traballar con humildade, seguir escoitando aos cidadáns e non esquecer que son os seus servidores.

 

Nese senso, sostivo que a súa non é unha forza política narcisista e inmóbil que pretende que a xente se parezan ao partido, como queren os nacionalistas; non só pensa no marketing, como fan os socialistas; e tampouco é unha formación populista e temporal que busca crecer a costa da inestabilidade. Como remarcou, os populares son reformistas, constitucionalistas, europeístas e galeguistas: “O que intentamos é interpretar o que a xente nos pide e parecernos á maioría dos galegos”.

 

 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies