Skip to content

O PPdeG recoñece a “política de calidade e pegada ao territorio” que fan os alcaldes e alcaldesas mozos, con “aprendizaxe e compromiso con Galicia”

O PPdeG pon en valor o traballo dos alcaldes e alcaldesas máis novos do partido, na medida en que demostran “día a día” que a “política de calidade”  e “pegada ao territorio” tamén vén da man dos máis mozos. Así, recoñécese a “responsabilidade, aprendizaxe e compromiso con Galicia” destas novas xeracións, valores “necesarios para atender á veciñanza nos concellos que lideran”.

Así o manifestaron representantes do PPdeG no encontro de rexedores mozos celebrado en Baños de Molgas, onde unha ducia de alcaldes e alcaldesas mantiveron un encontro de traballo para poñer en valor os proxectos levados a cabo nos seus municipios. Ademais deles, tamén asistiron o responsable do Goberno galego de Presidencia, Xustiza e Deportes do Goberno galego e presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo; a responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas do Executivo autonómico, María Martínez Allegue, e o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor.

Os populares recoñeceron no acto o labor dos rexedores menores de 40 anos e o das novas xeracións do PPdeG en xeral, “que traballan a diario para mellorar a vida da veciñanza”. Así, fíxose referencia ao traballo feito polos alcaldes Ángel Pérez (Guntín), Gonzalo Louzao (A Estrada), Manuel Fernández Movilla (Baños de Molgas), Fernando Couce (Cabanas), Luis Insua (Fisterra), Pablo Graña (Xunqueira de Espadanedo), Álex Doval (Oroso), Melisa Macía (Vilariño de Conso), Pablo Barcia (Mondariz), Pablo Rivas (Portomarín), Jorge Cubela (Cerdedo-Cotobade), Esteban Ares (Lousame), María Sampedro (Ribeira), Rebeca Sotelo (Cenlle) e  Miguel González (Baralla).

Dende o PPdeG destácase tamén a “valentía” destes mozos “ao dar un paso adiante e asumir o compromiso por mellorar a vida da veciñanza”, fronte á política de “pancarta e conflitividade” que caracteriza á oposición.

FERNÁNDEZ MOVILLA: “UNIDOS CONSTRUÍMOS UN FUTURO MELLOR”

Manuel Fernández Movilla, alcalde de Baños de Molgas, exerceu como anfitrión do encontro. É un dos 15 alcaldes menores de 40 anos que ten o PPdeG en Galicia. No 2023 asumiu a alcaldía deste municipio con maioría absoluta e no 2027 “de seguro que seguirá mellorando a súa porcentaxe de voto”, incidiron os populres. Con 33 anos é o rexedor máis novo da provincia de Ourense e o terceiro en Galicia.

Fernández subliñou o sentido destes encontros de traballo para “reforzar as relacións e dar resposta ás necesidades dos nosos veciños, especialmente no rural”. “Estou convencido de que, se seguimos traballando unidos, imos seguir avanzando e construíndo un futuro mellor para os nosos municipios e para os nosos veciños”, sinalou o alcalde de Baños de Molgas, poñendo en valor o “municipalismo” como unha das bases das políticas do PPdeG.

LUIS MENOR: “A POLÍTICA SEN ILUSIÓN É SÓ XESTIÓN”

O presidente do PP da provincia de Ourense, Luis Menor, dirixiuse aos alcaldes novos como “piares” do partido, xa que se trata de candidatos “activos, dinámicos, con ganas de mellorar as cousas, pero por riba de todo con interese real por defender a súa terra”.

“A política sen ilusión é só xestión”, dixo o presidente dos populares ourensáns, apelando tamén a mesturar a mocidade coa experiencia. “Vivides o voso tempo, falades a linguaxe de hoxe e comprendedes as novas necesidades, pero mantede sempre ao lado aos nosos veteranos”, sinalou.

VIVENDA PARA OS MOZOS, PRIORIDADE DO GOBERNO GALEGO

Fronte ao “ruído e a conflitividade “do PSdeG e do BNG, o PPdeG traballa por dar respostas e oportunidades. Neste sentido, os populares lembran que son o partido máis votado pola mocidade en Galicia. Por este motivo, no encontro de traballo falouse de cuestións que resultan prioritarias para os mozos, como é o caso da vivenda.

O PPdeG lembra que a pasada semana, no Debate do Estado da Autonomía (DEA), o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, deixou claro que o seu equipo traballa para dar facilidades aos mozos para acceder a unha vivenda. Así, entre as medidas máis novidosas anunciadas polo presidente, destaca a flexibilización do umbral máximo de renda para optar a unha vivenda pública ou a reserva destas vivendas en venda por idade: ao 25% para menores de 36 anos que xa reservabamos, súmase agora e o 30% para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ou dependentes.

Tamén se acordou impulsar a Estratexia Galicia Retorna. Trátase de medidas complementadas á súa vez por unha folla de ruta integral pensada por e para a mocidade en diferentes eidos, como o programa de ‘mentoring’ ou os incentivos ás empresas para a contratación de xente nova, entre outras.

Noticias recomendadas

O PPdeG destaca o “investimento histórico” do Goberno galego en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais
O PPdeG destacou o “investimento histórico” do Goberno galego en materia de prevención e defensa contra os incendios, ao superar, este ano, os 213M€, un 18% máis que en 2025.
O PPdeG reafirma o seu apoio á veciñanza de Vigo ante o “desamparo” da esquerda, que xera “inseguridade” coa súa “inacción” fronte ás narcocasas e a okupación
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reafirmou hoxe o seu apoio á veciñanza do barrio de Fontiñas, en Cabral (Vigo), ante o “desamparo” e a “impotencia” que senten pola
Rueda reivindica en Pontevedra a receita de “traballo, escoita e firmeza” do PPdeG e a “estabilidade” como “excepción moi valiosa” de cara ao ciclo electoral
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindica a receita de “traballo, escoita e firmeza” antes as próximas eleccións municipais de 2027, para as que insiste en que os populares “debemos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies