A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez reiterou hoxe no Parlamento a esixencia para que o Goberno central rectifique a súa decisión de incorporar á lingua galega, así como calquera outra lingua oficial española, no Certame Arquímedes, “sumándonos á solicitude que xa fixo o Goberno galego á secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación hai un mes”.
Sandra Vázquez sinalou que a decisión do Goberno central de excluír a lingua galega no Certame Arquímedes “é unha forma de deixar fóra unha parte do talento científico producido en Galicia”. “Por enriba da calidade e o interese dos traballos exclúe linguas tan válidas como calquera outra na investigación” sinalou.
“Esta decisión do Goberno socialista contradí moita normativa, entre a que destaca a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas, ratificada polo Estado español en 2001”, sinalou. Ademais, lembrou que “a Constitución establece o plurilingüismo oficial e o carácter oficial doutras linguas españolas, así como a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España, como patrimonio cultural, obxecto de respecto e protección”, apuntou.
A deputada popular subliñou que a Xunta “está comprometida coa promoción e investigación da lingua galega poñendo medios e, sobre todo, orzamento