Santiago, 29 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo reiterou esta tarde no Parlamento a necesidade de que sexan “os técnicos profesionais quen decidan o sistema de cociña que se debe implantar no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, rexeitando a proposta de En Marea para que sexa no Parlamento onde se adopte esta decisión.
Rodríguez-Vispo explicou que na actualidade “están a analizarse diferentes alternativas para a cociña do CHUO, tendo en conta as súas características e todos os axentes implicados” e apuntou que “cando se decida o modelo será notificado e xustificado convenientemente”.
VANTAXES E INCONVENIENTES
Respecto da posibilidade de optar pola liña fría, a deputada popular indicou que “ten unha serie de vantaxes, pero tamén inconvenientes, polo que faise necesario estudar o tema en profundidade e sopesar os pros e os contras dun sistema e doutro para tomar finalmente a mellor decisión”.
Marta Rodríguez-Vispo tamén se referiu á situación laboral do persoal que presta servizos na cociña do CHUO e avanzou que “será a mesma que na actualidade”. Neste sentido, lembrou que nunha recente reunión da comisión do complexo hospitalario co novo xerente “houbo sintonía absoluta neste tema, habendo un compromiso por ambas partes de que cando se decida o tipo de cociña que se vai implantar se falará coa Xunta de Persoal con total claridade e transparencia”.
O PPdeG reitera a necesidade de que sexan os profesionais quen decidan o sistema de cociña a implantar no Hospital de Ourense
- viernes, 30 de junio de 2017
- 11:36 am
- Duración de lectura aproximada: 1 minute
Noticias recomendadas
O PPdeG anima aos comercios da provincia de Lugo a solicitar as axudas da Xunta para a innovación, dixitalización e sostenibilidade
Os deputados do Grupo Popular Cristina Sanz e José Manuel Mato animaron hoxe aos propietarios de comercios locais de Lugo a solicitar as axudas da Xunta de Galicia para a
O PPdeG esixe ao Goberno central que asuma as súas competencias e flexibilice o novo regulamento europeo de control pesqueiro
Os deputados do Grupo Popular Miguel Fidalgo, Manuel Santos, Loli Hermelo e Raúl Santamaría trasladaron ao patrón maior da Confraría de Pescadores de Bueu e presidente provincial da Federación de
O PPdeG recoñece a traxectoria de Julio García-Luengo tras dúas décadas á fronte de Crecente
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asistiu á comparecencia pública do alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, acompañada polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López. Durante o