Santiago, 23 de maio de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou por cuarta vez esta tarde no Parlamento “o interese claro do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas” do accidente ferroviario de Angrois “coa maior profundidade e rapidez posible”, para o que demandou a realización dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o sinistro.
Fernández Prado considerou “unha demanda xusta das vítimas, dos seus familiares e do conxunto dos galegos coñecer con profundidade e rigorosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas, as causas deste tráxico suceso e se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”. Neste sentido, criticou que o PSOE rexeitara esta mesma semana na Mesa do Congreso a tramitación dunha Comisión de Investigación sobre o accidente e no día de hoxe xa anunciou o seu voto favorable no Parlamento galego á creación desa mesma comisión de investigación.
ÁMBITO XUDICIAL
Na súa intervención, sinalou que “o ámbito de investigación máis efectivo é o xudicial, onde se están a dirimir as posibles responsabilidades penais no accidente”. “Os xuíces, se o consideran oportuno, poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios, ou citar en calquera condición aos distintos axentes intervintes para o esclarecemento total do accidente, como demostra a recente imputación do responsable de seguridade de Adif no momento do accidente”, salientou.
Deste xeito, Martín Fernández lembrou que “a experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito mais lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria”, polo que considerou “bo non interferir na investigación xudicial”.
En relación coa solicitude de creación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, o portavoz popular fixo súas as recentes declaracións do fiscal Antonio Roma nas que afirmaba que unha comisión parlamentaria podería ter certas interferencias na investigación xudicial, ao tempo que os xuízos paralelos tampouco axudan a resolver.
O PPdeG reitera «o interese claro de que se esclarezan as causas do accidente de Angrois» para o que pide realizar un informe independente e incontrovertido
- miércoles, 24 de mayo de 2017
- 10:48 am
- Duración de lectura aproximada: 2 minutes
Noticias recomendadas
Paula Prado reivindica a unidade e o futuro do PP de Santiago fronte a un goberno do BNG “esgotado” que en dous anos “só empeorou a capital de Galicia”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, cualifica ao presidente do PP de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, como “a única alternativa posible” para gobernar na capital de
Pazos di que, fronte as receitas ideolóxicas e decretos-parche de Pedro Sánchez, “Galicia elixe o camiño do rigor e das solucións reais”
O portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, contrapuxo, hoxe, o modelo en materia de vivenda do Executivo de Pedro Sánchez co da Xunta. Así, dixo que,
<span style="font-style: italic;">Non se pode aprobar sen estudar</span>
Nicole Grueira
A educación é o ascensor social que máis importa.
A educación é o ascensor social que máis importa.