O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe en Castro Caldelas a Galicia que non para, representada polo Partido Popular, fronte a aqueles que a pretenden frear, como demostrou nas últimas semanas o tripartito conformado por PSOE, BNG e Sumar.
Acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e o portavoz local, César Enríquez, Cachín, Rueda fixo un percorrido pola vila e despois trasladouse a comer ao restaurante-pensión rústica Caldelas Sacra, acompañado de medio cento de veciños e veciñas.
O presidente Rueda puxo en valor que, fronte aos vaivéns da esquerda, a nosa Comunidade prefire ser unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño. Ademais do sectarismo do PSOE, lamentou que onte mesmo o BNG participara e apoiara a EH Bildu nunha manifestación a favor da independencia do País Vasco.
Pola súa banda, Cachín trasladoulle que fará todo o posible por exportar canto antes ao seu municipio o modelo do Goberno galego, e tamén lle asegurou ao presidente do PPdeG que, cando chegue o momento, Castro Caldelas será clave na consecución da súa primeira maioría absoluta.