Skip to content

Os eurodeputados do PPdeG poñen en valor a aprobación no Parlamento Europeo de 2,7 millóns de euros para os traballadores do sector auxiliar do automóbil en Galicia

O eurodeputado do PPdeG, Adrián Vázquez, sinala como “moi positivo” que a Unión Europea responda a problemas reais dos territorios. Así o trasladou tras o pleno do Parlamento Europeo que se celebrou onte, no que se aprobou a mobilización de 2,7 millóns de euros, correspondentes ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), para os traballadores do sector auxiliar do automóbil en Galicia. O diñeiro apoiará a reincorporación ao mercado laboral dos traballadores despedidos na industria auxiliar do automóbil.

Adrián Vázquez explicou que esta axuda está dirixida aos 671 traballadores de 20 empresas do sector que perderon o seu emprego, concentrados sobre todo na área de Vigo. Ademais, prevese que 400 deles participen directamente no plan. O 95% do orzamento destínase a servizos personalizados para os traballadores.

«É moi positivo que a UE responda a problemas reais dos territorios con esta determinación, e é mellor aínda que o faga en coordinación co coñecemento directo que teñen as administracións rexionais de cada territorio», afirmou o eurodeputado.

«Este plan de reconversión engloba formación, orientación e apoio económico para que os traballadores afectados atopen canto antes un emprego estable e de calidade. O plan no seu conxunto xa empezou o pasado setembro en Galicia, e a súa estrutura foi deseñada con sindicatos, empresarios e o propio Goberno galego, atendendo as necesidades concretas dos traballadores afectados», remarcou o eurodeputado galego.

O tamén eurodeputado do PPdeG Francisco Millán Mon celebrou “a mobilización destes fondos para apoiar a 400 traballadores galegos. É unha mostra concreta de que Europa está preto dos galegos cando máis o necesitan”. Tamén destacou a importancia da industria do automóbil en Galicia, en particular en Vigo, e a necesidade de que os traballadores conten co apoio necesario ante a profunda transformación do sector, marcada pola electrificación e a incorporación de novas tecnoloxías.

“Desde o PP sempre defendemos que debemos acompañar aos traballadores nestas situacións e, ao mesmo tempo, crear as condicións necesarias para que a industria europea siga sendo competitiva e poida manter e xerar emprego”, subliñou.

FORMACIÓN PARA A INDUSTRIA DO FUTURO

O programa inclúe orientación profesional, procura activa de emprego e acompañamento tras a recolocación. Tamén ofrece formación en competencias dixitais, Industria 4.0 e 5.0, automatización industrial e sustentabilidade, aliñada co Plan Director de Automoción de Galicia 2025–2027. Ademais, prevé reciclaxe profesional cara a sectores con alta demanda de perfís industriais, como a aeronáutica, as enerxías renovables, a loxística e o mantemento industrial.

O plan contempla tamén incentivos económicos para quen participe no seu itinerario de reinserción, axudas para desprazamentos e para o coidado de persoas dependentes, e 200 euros mensuais durante seis meses para quen se reincorpore ao emprego ou emprendan. Estas medidas teñen especialmente en conta aos traballadores de maior idade: un de cada catro afectados supera os 54 anos.

No Parlamento Europeo, así mesmo, lamentouse que o uso do FEAG siga sendo limitado e desigual na Unión Europea, e que varios Estados membro nunca o solicitasen. Galicia, en cambio, recorreu a este instrumento en múltiples ocasións e para sectores tan dispares como o téxtil, o metal, a construción naval ou o aluminio.

«Galicia é un exemplo de xestión de fondos europeos para todas as rexións de Europa. Cando se traballa da man, e se coordina a visión sobre o terreo das administracións rexionais coa visión global das institucións europeas, os resultados son extraordinarios», afirmou Vázquez.

Noticias recomendadas

O Parlamento aproba o Plan de normalización para que o galego sexa “unha causa compartida” fronte ás “trincheiras” partidarias
“Se algo nos ensina a historia é que cando fomos capaces de poñer a lingua por riba das siglas, Galicia avanzou. E cando convertemos a lingua nunha arma política, Galicia
O PPdeG di que mentres o Executivo central fai “política coa vivenda”, o Goberno de Alfonso Rueda “fai vivenda”
O portavoz da área de Vivenda e Urbanismo do Grupo Parlamentario Popular, Moisés Rodríguez, dixo que todos os anuncios e apostas do Executivo de Pedro Sánchez en materia de vivenda
Millán Mon reclama ao Consello 7.290 millóns de euros para o sector pesqueiro e acuícola no próximo Marco Financeiro
O eurodeputado do PPdeG Francisco Millán Mon, membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, reclama ao Consello 7.290 millóns de euros para o sector pesqueiro e acuícola no próximo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies