A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anima á poboación galega a doar sangue, un “xesto sinxelo” que ela mesma fixo en Santiago de Compostela e para o que xa non é preciso concertar cita previa.
“Doamos sangue co obxectivo de doar vida. É imprescindible a xenerosidade e altruísmo que sempre demostran os galegos e galegos, aos que lles pido un pequeno esforzo durante os meses de verán nos que o número de doazóns descende”, subliña a número dous dos populares galegos, que impulsan nas redes sociais a campaña #ObxectivoDoarVida.
Estímase que os hospitais galegos necesitan cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e ao redor de 3 transplantes.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue seguen visitando neste mes de agosto diferentes concellos galegos.