Santiago, 20 de agosto de 2018. Para a vicevoceira do Grupo Popular “cada día que pasa a elocuencia do alcalde Abel Caballero enmudece máis e non pode ser que o político esté mudo no asunto no que máis ten que dicir e máis explicacións ten que dar” indicou referíndose ao suceso que tivo lugar no festival de O Marisquiño, en Vigo, o pasado día 12 de agosto.
“Consideramos que para estar coas vítimas non hai que ir sacar unha foto na noite da traxedia ao lugar do suceso senón facilitarlles toda a documentación e informes que precisan para poder facer as súas reclamacións” indicou Paula Prado quen asegurou que “desde o PPdeG queremos protexer aos galegos e galegas da ineficacia e do ti vai facendo do alcalde de Vigo”.
“Non imos consentir que o alcalde de Vigo escurra a súa responsabilidade nun suceso no que puido haber vítimas mortais, acabouse eso de botarlle a culpa sempre a outros, Abel Caballero ten a posibilidade de ensinar os informes que avalan que a licencia municipal se otorgou en condicións de absoluta legalidade e que se cumpriron todas as esixencias en materia de seguridade” indicou a vicevoceira popular.
Nese sentido, Paula Prado anunciou que o Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que se esclareza o ocorrido e na que se pide á Xunta que se dirixa ás administracións competentes para que fagan pública toda a documentación pertinente e os informes en virtude dos cales se deu autorización á celebración do concerto.
“Hai moitas preguntas sen resposta e a Alcaldía de Vigo debería ensinar os papeis e informes que despexarían todas as dúbidas” indicou Paula Prado, engadindo que “as vítimas queren respostas e nos imos acompañalas no esclarecemento dos feitos e faremos todo o posible para que isto sexa unha realidade”.
“Non haberá plan de comunicación, nin Aló Alcalde, nin Dinoseto, nin piano de cola, nin subvencións que tapen a irresponsabilidade na que ten incurrido o alcalde Abel Caballero no suceso, que non foi un mero espectador do festival senón a man executora da autorización dun evento que non contaba coas condicións de seguridade esixibles” indicou Paula Prado para a que “o populismo ten un límite, e o límite neste caso é a responsabilidade na xestión da seguridade das persoas”