Skip to content

Paula Prado defende a política “valente” de “percorrer as parroquias” que fan os alcaldes de concellos rurais, co exemplo de Sito Gómez en Moraña

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o traballo diario de alcaldes e alcaldesas que gobernan en concellos rurais, como é o caso de Moraña, co popular Sito Gómez á fronte. Para a número dous dos populares galegos, é un “valente” que “percorre as nove parroquias” do seu municipio e logra que a veciñanza lle ofreza a súa confianza nas urnas, sendo o PP o partido máis votado neste municipio. Así, lembrou que o PPdeG goberna no 60% dos concellos de menos habitantes de Galicia, como Moraña, porque a xente “sabe que somos o partido do rural, o partido que máis se parece aos galegos e galegas”.

Así o manifestou durante un xantar do PP de Moraña, celebrado na carballeira de Santa Xusta, con preto de 400 asistentes. Un acto que, dixo Prado, “ningún outro partido podería celebrar, porque o seu balance é de leas internas, conflitividade e corrupción”, fronte á “estabilidade e unión” que si ofrece o PPdeG. Na cita, na que exerceu de anfitrión o alcalde Sito Gómez, tamén participaron o presidente do PP provincial de Pontevedra, Luis López; a secretaria provincial do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, o responsable da área de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego, José López Campos.

Prado agradeceu o traballo dos predecesores do PP en Moraña, sinalando que o concello “medrou con Luisa Piñeiro, consolidouse con José Cela e segue ofrecéndolle todo aos veciños e veciñas grazas a Sito, un valente collendo o timón”.

Así, animou aos populares a “intensificar o traballo” de cara aos próximos retos electorais, para conseguir que os galegos e galegas depositen a confianza en candidatos coma Sito, con “con política pegada ao territorio, con responsabilidade, con boa xestión.

“Queremos seguir sendo a Galicia que goberna fronte á oposición que confronta e perde eleccións”, sinalou Prado. Neste sentido, referiuse ás ultimas noticias da imputación a José Luis Rodríguez Zapatero e do papel da esquerda, que o ten de “referente moral”, mentres Sánchez “segue aferrado a toda costa á Moncloa”.

Foi crítica cos “socios” do BNG, “cómplices do Goberno máis corrupto da historia de España” e que intenta “enganar” aos galegos e galegas dicindo a súa líder, Ana Pontón, que nas filas nacionalistas non hai ningún condenado por corrupción. Neste sentido, lembrou casos de condenas a membros do BNG como ocorreu en Fene ou en Melide.

LUIS LÓPEZ PIDE TRABALLAR PARA REPETIR A MAIORÍA ABSOLUTA

Pola súa banda, o presidente provincial do PP, Luis López, agradeceu o regreso a este multitudinario xantar popular do PP de Moraña tras o paréntese do ano pasado, “que era merecido e necesario para tomarse un descanso”, pero advertiu de que, desde xa, “hai que comezar a traballar arreo para que Sito Gómez e o PP repitan maioría absoluta, se se pode con máis folgura, para que Moraña permaneza na senda de investimentos e desenvolvemento dos últimos anos”.

López cualificou a Sito Gómez como “o alcalde da xente” e púxoo como exemplo do modo de xestión e de atención aos veciños que ofrecen os representantes do PP, xa que “escoitan, entenden e atenden aos veciños por riba de todas as cousas e niso Sito é un auténtico fenómeno”.

SITO GÓMEZ PON EN VALOR A CONCELLEIROS E MILITANCIA

Finalmente, Sito Gómez salientou o traballo dos concelleiros e de todos os militantes do PP de Moraña, “para axudarme de xeito imprescindible de darlle a este concello todo o que merece” e cualificou estes tres anos na alcaldía como “os máis bonitos da miña vida, xa que, malia as moitas dificultades que ten mellorar todos os días a vida dos veciños, permíteme estar ao voso carón e loitar para que Moraña teña todo o que merecedes”.

Noticias recomendadas

Paula Prado pon en valor a Jorge Cubela coma “o mozo das maiorías absolutas” en Cerdedo-Cotobade
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pon en valor a “enerxía” e o “talento” dos 15 alcaldes populares menores de 40 anos que gobernan en concellos de Galicia, co
Alfonso Rueda celebra a elección da “todoterreo” Nidia Arévalo como presidenta do PP de Mos, a un ano de loitar pola súa quinta maioría absoluta
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, define a Nidia Arévalo como unha muller “todoterreo” que desenvolve “un labor incansable” á fronte da alcaldía de Mos, con catro maiorías absolutas ás
O PP de Verín insta ao Goberno central a que axilice a homologación de títulos de formación superior para reforzar a inserción laboral cualificada
O PP de Verín instou, hoxe, ao Goberno central a que axilice a homologación de títulos de formación superior de estranxeiros para reforzar a inserción laboral cualificada e que lles
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies