Skip to content

Paula Prado: “Fronte a un tripartito que decidiu apoiar a Sánchez e dicir non a Galicia, Alfonso Rueda seguirá facendo da nosa Comunidade unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe en referencia á investidura de Pedro Sánchez que, fronte a un tripartito formado por PSOE, BNG e Sumar que “onte dixo si a Sánchez e non a Galicia”, os galegos seguirán tendo a garantía de que, con Alfonso Rueda á fronte, a Comunidade seguirá sendo “unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”.

“No día de onte Pedro Sánchez consumou un fraude ao facer xusto o contrario do que prometera en campaña e só para seguir sendo presidente a calquera prezo, aínda que sexa a costa de enganar aos españois e ceder ante unha chantaxe ao Estado por parte dos seus socios independentistas”, explicou.

Prado remarcou neste sentido que os galegos poderán contar cos 13 deputados do PPdeG no Congreso —e os 14 senadores—  e con Alberto Núñez Feijóo para defender con orgullo e desde a oposición os intereses de Galicia. Algo que, tal e como detallou a continuación, nin fixeron nin van facer os partidos de esquerda.

“O PSOE, apoiado sen fisuras polo socialismo galego e o seu negociante, iniciou un cambio pola porta de atrás para converter o noso modelo autonómico por un modelo máis insolidario, atacar a separación de poderes e consumar o maior retroceso nos dereitos da cidadanía española desde a Transición”, aseguraba ao tempo que recriminaba a Pedro Sánchez o seu descoñecemento da realidade de Galicia en materia de infraestruturas, industria ou sanidade.

Referíndose ao BNG e ao seu único deputado no Congreso, a número dous dos populares galegos ironizou con que “Pedro Sánchez nin sequera sabe o seu nome”; o cal “é a mostra máis evidente da irrelevancia do BNG en Madrid”.

“O independentismo galego deu onte o seu visto e prace a que o Goberno central traspase as competencias do litoral ao País Vasco pero non a Galicia e segue calado sobre o recurso da Lei do Litoral e sobre a tan necesaria transferencia da AP-9, que agora só apoia o PP”, explicou incidindo en que o único obxectivo do BNG para esta lexislatura é “a independencia de Galicia sen importarlle nada o resto”.

A secretaria xeral non desaproveitou a oportunidade de cuestionar tamén a Yolanda Díaz –á que definiu como “a galega menos galega do Goberno de España”– que “tivese o descaro de falar de maletas e de emigración cando ela foi a primeira que colleu a maleta e emigrou a Madrid tan pronto como puido”.

A NOVA E ILUSIONANTE ETAPA QUE INICIA NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA

Acompañada do presidente saínte de Novas Xeracións de Galicia, Paula Prado quixo agradecerlle a Adrián Pardo a súa implicación ao longo de todos estes anos á fronte da organización político-xuvenil do PPdeG: “Baixo o seu liderado, Novas Xeracións medrou e el fíxonos medrar a todos co seu sentido do humor, coa súa humildade e co seu sentido da responsabilidade”.

A celebración mañá do XI Congreso de Novas Xeracións na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela será, tal e como apuntou a número dous dos populares galegos, unha gran oportunidade para “reivindicar ao órgano que mellor representa á xuventude de Galicia”.

Un congreso no que Nicole Grueira será a única candidata á presidencia, demostrando así “a súa xenerosidade, valentía e ganas de representar a toda a mocidade galega e máis concretamente á xente nova da provincia de Lugo”. Unha tarefa na que estará acompañada polo ourensán Manuel Alexandre Novoa (membro da candidatura do PP de Ourense ás pasadas eleccións municipais e actual presidente da agrupación local de Novas Xeracións), que desempeñará o cargo de secretario xeral da organización.

“Nicole representa a ilusión da xente nova, que conta ao seu carón co Goberno galego. A partir de mañá comezará unha nova etapa ilusionante para Novas Xeración de Galicia que axudará a apuntalar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda”; concluíu a secretaria xera.

ADRIÁN PARDO: “FRONTE AOS MUROS DO SANCHISMO, A MOCIDADE BUSCARÁ CONSTRUIR PONTES”

A súa última rolda de prensa como presidente de Novas Xeracións de Galicia foi para Adrián Pardo a constatación de que “as organizacións fortes teñen proxectos que van máis aló das persoas” e, á hora de botar a vista atrás ao longo destes seis anos, asegurou que “Novas Xeracións soubo estar á altura do que demanda a mocidade galega e á altura do noso gran partido”.

“Somos a organización político-xuvenil máis grande de Galicia e temos presenza na meirande parte dos concellos galegos. E isto non é por casualidade, senón porque somos tamén a organización máis parecida á mocidade galega”, explicou ao tempo que poñía en valor un modelo organizativo que “busca solucións ás demandas da nosa xuventude e non o conflito permanente”.

Indicou que, fronte aos que “usan a mocidade para suxeitar pancartas nas súas manifestacións” e aqueles que “tratan de mercar os nosos votos con medidas cosméticas cada 4 anos e só nos ofrecen unha España líder en paro xuvenil”, o PPdeG segue sendo a opción favorita da mocidade porque é un partido que traballa con feitos polo seu benestar e progreso.

Algo que exemplificou con medidas postas en marcha ao longo destes anos polo Goberno galego como a Tarxeta Xente Nova, a aposta pola FP dual, o aval do 20% para os menores de 35 anos para a adquisición da súa primeira vivenda ou a conxelación das taxas universitarias.

Pardo recordou que, coincidindo co 34º aniversario da caída do Muro de Berlín, o pasado 9 de novembro Pedro Sánchez anunciou o seu “acordo de submisión” con Puigdemont: “Sánchez presentouse á investidura como un muro para seguir afondando na fractura social, para seguir facendo cidadáns de primeira e de segunda e para seguir fracturando o noso Estado de Dereito”.

“Fronte a este muro feito coa unión do sanchismo e do independentismo máis reaccionario, hai en Galicia e en España unha mocidade que, como a de hai máis de tres décadas en Berlín, buscará romper ese muro para construír pontes que traten de unir e non de dividir, que loiten pola igualdade que se consagrou fai 40 anos na Constitución e que sigan defendendo a separación de poderes”.

Esa falta de oportunidades que o Goberno de Pedro Sánchez ofrece á mocidade, tal e como concluía na súa intervención, contrasta coa situación de Galicia: “Fronte aos que queren importar a Galicia o modelo do sanchismo e só lles preocupa a mocidade polos seus votos, aquí hai unha mocidade que, como Galicia, non para”.

Noticias recomendadas

Millán Mon denuncia la ineficacia del Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) en la modernización de la flota
El eurodiputado gallego Francisco Millán Mon intervino ayer en el debate e intercambio de puntos de vista en la Comisión de Pesca del Parlamento Europeo, de la que es miembro
O Grupo Popular salienta que a Xunta sitúa a vivenda no centro das súas políticas, incrementando orzamentos, aumentando o parque público e creando novas liñas de axudas
A deputada do Grupo Popular María Deza asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “pon a vivenda no centro das súas políticas incrementando orzamentos, aumentando o parque
O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España a transferencia das competencias en meteoroloxía e estudos oceanográficos
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG, a través da que se solicita ao
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies