Skip to content

Paula Prado: “O Castelo de Soutomaior volverá ser o símbolo dos éxitos do PP grazas ao liderado de Feijóo, que nos devolveu orgullo das vitorias neste ano 2023”

26 de agosto de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegura que o ano 2023 será recordado como o ano no que Alberto Núñez Feijóo “devolveu ao PP o orgullo das vitorias” e por iso reivindica a celebración do acto de inicio do novo curso político no lugar que durante anos simbolizou os éxitos da formación: o pontevedrés Castelo de Soutomaior.

Ata alí se desprazou esta mañá acompañada do presidente do PP de Pontevedra, Luis López, e a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro, para supervisar os traballos de montaxe do acto que se celebrará mañá. Un acto no que os populares celebrarán “a vitoria nas municipais e autonómicas, a recuperación de comunidades emblemáticas como a Comunidade Valenciana, Baleares, Canarias ou A Rioxa; e a revalidación das maiorías absolutas de Andalucía e Madrid”.

Uns resultados que Paula Prado vincula ao liderado de Alberto Núñez Feijóo e aos que engade a recuperación da Deputación de Pontevedra. “Recuperar a Deputación permitiunos tamén recuperar este espazo que desde mañá volverá ser un espazo de todos e para todos e poñer fin aos oito longos e escuros anos de sectarismo e tics autoritarios de Carmela Silva”, engadiu.

Neste sentido a número dous dos populares galegos pediu á presidenta do PSdeG que “deixe ao PP celebrar as súas vitorias e se dedique a poñer orde na súa casa” en lugar de facer declaracións que “só amosan o seu mal perder”. E ironizou acto seguido con que os socialistas galegos “non poden celebrar nin as súas primarias”.

 

“QUEREMOS TRASLADAR O MODELO GALEGO A ESPAÑA”

Paula Prado reivindicou a vitoria de Alberto Núñez Feijóo o pasado 23 de xullo, na que destacaron especialmente os resultados obtidos en Galicia. Uns resultados cos que “os galegos dixemos a España cal é a forma na que nos gusta ser gobernados: con sentidiño, con capacidade de xestión e poñendo os intereses dos cidadáns por riba de calquera outro”.

Ese modelo político que practica Alfonso Rueda á fronte da Xunta é o que os populares aspiran a trasladar a España para “poder contar cun Goberno que se fixe en Galicia e nos problemas dos galegos e abandone o desprezo e o maltrato que durante anos recibimos por parte de Pedro Sánchez.

“Feijóo ten un proxecto serio e de país para España que tamén necesitamos en Galicia, polo que mañá reunirémonos máis de 1.000 persoas para demostrarlle que estamos con el e que queremos que nos leve pola senda dun futuro prometedor e lonxe da escuridade que ofrecen o PSOE e a amalgama de partidos de esquerda cos que aspira a gobernar Pedro Sánchez”, concluíu.

 

LUIS LÓPEZ: “O DE MAÑÁ SERÁ UN ACTO DE RESTITUCIÓN E LIBERDADE”

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López puxo de manifesto a “ledicia” de volver a este lugar onde a formación realizaba sempre o acto de inicio de curso político “ata que no ano 2015, co cambio de goberno na Deputación, o bipartito PSOE-BNG prohibiunos a súa celebración”.

“O acto de mañá será una acto de restitución e un símbolo de liberdade. Xa que o Castelo de Soutomaior, máis que nunca, volve estar a disposición de todos os cidadáns e de todos os colectivos”, explicou.

A xornada de mañá, segundo apuntou, será un “acto de celebración de todo o esforzo colectivo e os moi bos resultados acadados polo PP na provincia de Pontevedra nas eleccións municipais e xerais”.

Un acto no que os populares mostrarán unha vez máis o seu apoio a Alberto Nuñez Feijóo, que “durante trece anos deu o mellor de si mesmo por Galicia e que agora merece ser investido presidente de España para dar ao noso país o ansiado cambio que necesita”.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán na Intermunicipal do Partido Popular que “Galicia é un exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño”
O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal do Partido Popular que celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de
O Grupo Popular pide manter o clima de diálogo para consensuar propostas que axuden á promoción e uso do galego na sociedade actual
O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, instou hoxe aos grupos da oposición a “manter un clima de diálogo, de acordo e de encontro” para consensuar propostas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies