A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asistiu hoxe á LVII Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, onde destacou que a combinación de tradición, cultura e gastronomía desta celebración é o que fai dela unha referencia da marca Galicia, dentro e fóra das nosas fronteiras. “Festas como esta forman parte do patrimonio da nosa Comunidade”, afirmou, animando a todos os asistentes a respectar, conservar e transmitir estas tradicións ás futuras xeracións, así como a “seguir construíndo entre todos a Galicia do si”.
A número dous dos populares galegos tamén puxo en valor o intenso traballo á fronte do concello do alcalde, Sito Gómez, quen exerceu de anfitrión da LVII edición desta cita. “Sito Gómez e o seu equipo, que día a día se entregan ao 100% para atender as demandas da veciñanza e ofrecer os mellores servizos, son exemplo de dedicación, compromiso e responsabilidade”, concluíu Prado.