A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo en valor as políticas de promoción turística e gastronómica dos gobernos populares como o de Bande durante a inauguración da LV edición da Festa do Peixe, unha cita consolidada no calendario festivo da provincia de Ourense e declarada de Interese Turístico de Galicia.
Xunto con outros representantes do partido na comarca, a número dous dos populares galegos asegurou que é un “pracer volver sempre a esta tradicional celebración e ver como se une veciñanza e visitantes”. Puido comprobar de primeira man a vontade e o esforzo das persoas implicadas na festa, o que amosa “a identidade e poder da xente do rural”, a que “sempre vai ter ao seu carón ao PPdeG, o partido do rural que traballa por impulsar políticas útiles para todos os galegos e galegas”.
Prado aproveitou para felicitar a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, pola organización e acollida deste evento senlleiro, así como por xerar “estabilidade” e “boa xestión” nun concello que está a experimentar un importante dinamismo. “Isto non sería posible sen as políticas responsables do PPdeG e que