Skip to content

Paula Prado urxe a Sánchez que convoque eleccións para acabar co seu Goberno “á deriva”, que abandona ao pobo ceutí e despreza a Galicia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, urxe a Pedro Sánchez a convocatoria de Eleccións Xerais para poñer fin ao seu “Goberno á deriva, en descomposición”, cunha “pasividade total” co que ocorre en Ceuta tras a invasión de milleiros de migrantes e co seu “desprezo constante a Galicia”. “Un Executivo”, subliñou, “que tamén sustentan os independentistas galegos”.

Neste sentido, apelando á unidade e á defensa da soberanía nacional, lembrou a mobilización en apoio ao pobo ceutí hoxe ás 20.00 horas diante de máis de 160 consistorios e coa participación de máis de 200 localidades, convocada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), para amosar a indignación dos galegos e galegas cunha “cuestión de país, sen siglas”.

Así o manifestou a número dous dos populares galegos durante a rolda de prensa celebrada hoxe na sede autonómica do PPdeG, onde defendeu un “cambio de ciclo necesario” no que Alberto Núñez Feijóo sexa o presidente “que España merece e necesita”.

Prado lembrou que Galicia estará hoxe ao lado do pobo ceutí, precisamente no Día de Ceuta, pese aos intentos da oposición en Galicia de “ensuciar” as concentracións. “Están desnortados, non son capaces de deixar a ideoloxía a un lado para defender aos nosos compatriotas”, criticou Prado sobre as acusacións de PSdeG e BNG ás convocatorias, que anunciaron que non apoiarán. Neste punto, lamentou que para os socialistas e os independentistas galegos “non sexa suficiente” que os corpos de seguridade pidan solucións, os sanitarios denuncien colapso ou que haxa unha agresión sexual ao día en Ceuta.

A secretaria xeral pregúntase que clase de feminismo “dá leccións” na oposición mentres ocorren estes incidentes en Ceuta e lamenta que teñan que atacar unha vez máis ao Partido Popular “para tapar a súa falta de criterio e de xestión”. Neste punto, tamén critica que Sánchez “escorra o vulto” amosando máis hostilidade contra o Rei de España que contra o Rei de Marrocos, mentres se coñecen pola prensa novidades como que a Policía informou á xuíza da Audiencia Nacional que a invasión de Ceuta foi guiada e coordinada por xendarmes marroquís.

Facendo referencia a declaracións do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, a número dous dos populares galegos destacou que “ninguén pode vir a darnos leccións do que hai que facer coa xente que entra nun país aos galegos e galegas”, para os que emigrar é sinónimo de “responsabilidade, arraigo, identidade e traballo”.

AS POLÍTICAS DE ‘SENTIDIÑO’

Por outra banda, aproveitou a súa intervención para poñer en valor o traballo diario do PPdeG, as políticas de “sentidiño” e a senda de estabilidade que caracteriza a Galicia, facendo referencia ao inicio de curso político presidido a pasada fin de semana en Cerdedo Cotobade por Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda.

Neste acto, onde os discursos de apoio a Ceuta estiveron presentes en todas as intervencións, tamén se lembrou o desprezo constante a Galicia por parte de Sánchez en cuestións que, tal e como lembrou hoxe Prado, van dende a falta dun financiamento xusto, ao mal estado das infraestruturas ou a falta de médicos. Igualmente, afeou aos nacionalistas e independentistas que, co seu apoio ao Goberno de Sánchez, forman parte do “impedimento constante ao desenvolvemento da Galicia do futuro e do progreso”.

Noticias recomendadas

Millán Mon alerta sobre la necesidad de un etiquetado adecuado para combatir prácticas desleales como el “pescado vegetal”
El eurodiputado popular Francisco Millán Mon abordó durante la Comisión de Pesca del Parlamento Europeo cuestiones como una posible futura reforma del Reglamento de la Organización Común de Mercados (OCM)
O PPdeG esixe aumentar os fondos para a atención dos menores migrantes non acompañados ante un recorte do 82 % polo Goberno central
O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, denunciou hoxe, o recorte dun 82 % nos fondos asignados polo Goberno central a Galicia para a atención dos menores migrantes non
O PPdeG chama aos galegos e galegas á mobilización simultánea en apoio ao pobo ceutí e pola defensa da soberanía nacional
O PPdeG fai un chamamento aos galegos e galegas a participar nas concentracións simultáneas en apoio ao pobo ceutí, que se celebran mañá ás 20.00 horas diante dos concellos de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies