Skip to content

Pedro Puy critica o extremado centralismo do Goberno de Pedro Sánchez e a súa belixerancia coas competencias autonómicas

16 de xaneiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe o “comportamento extremadamente centralizado que está a adoptar o Goberno de Pedro Sánchez en relación con cuestións fundamentais para Galicia, moi belixerante coas competencias autonómicas e que está a facer cuestións que son contraproducentes para acadar os resultados que pretenden as políticas impulsadas polo Goberno central”.

En primeiro lugar, Pedro Puy referiuse ás declaracións realizadas onte polo secretario de Estado de Medio Ambiente, nas que “deduciu que coa presentación do proxecto de Lei de ordenación do litoral por parte do Goberno galego estase facendo unha declaración de independencia”. Neste sentido, lembrou que esta iniciativa lexislativa baséase nas competencias recollidas no Estatuto de Galicia, que no seu artigo 27.3 recolle que a Comunidade galega ten competencia exclusiva en ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.

 

REACCIÓN SORPRENDENTE AO PROXECTO DE LEI DO LITORAL

 

Ademais, o portavoz popular destacou que tanto un ditame do Consello Consultivo, como o Observatorio do Litoral e os expertos consultados con carácter previo “non atoparon trazo algún de inconstitucionalidade” neste texto lexislativo, polo que “sorprende esta reacción do representante do Goberno central fronte a unha lei que o único que quere é defender os intereses de Galicia, as empresas asentadas no litoral galego e as peculiaridades do uso do litoral que fan que esta Comunidade autónoma sexa distinta a outros lugares costeiros de España”. “Combinando a imprescindible protección medioambiental é posible manter eses usos tradicionais que permiten o desenvolvemento económico e a creación de riqueza en Galicia”, engadiu.

 

Pedro Puy tamén incidiu na “discrecionalidade” coa que o Goberno de Pedro Sánchez está a usar os fondos europeos. Neste sentido, lamentou que as axudas directas “non están a beneficiar aos proxectos galegos”, polo que pediu, “ademais de cogobernanza e de que se teñan en conta as opinións de Galicia, que os proxectos galegos teñan igualdade de oportunidades” que os presentados noutros puntos de España. Así, insistiu que proxectos como o de Stellantis, Altri, Showa Denko ou Sentury “sigan sen ter unha resposta en termos de fondos europeos”.

 

FALTA DE EXECUCIÓN

 

“Esta centralización tamén está a conducir a unha falta de execución” dos fondos europeos, xa que, segundo informacións publicadas hoxe, só un terzo destes fondos foron executados. Deste xeito, Puy lembrou que “a propia Comisión Europea está vendo que a chegada destes fondos ao tecido empresarial estase producindo con lentitude”, o que supón unha “perda de oportunidade para modernizar o tecido empresarial de Galicia”.

 

“É necesario que o Goberno de España rectifique” estas decisións, incluído o feito de deixar a conexión Guitiriz-Zamora fóra na rede de hidróxeno verde que unira España co resto de Europa. “Agardamos que haxa unha rectificación dun comportamento que se produce como consecuencia dun escaso espírito de colaboración coas comunidades autónomas, nomeadamente con Galicia, e unha visión extremadamente centralista do Goberno de España”, insistiu.

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda anima aos populares da provincia de Pontevedra a seguir sumando méritos para gañar a confianza dos veciños
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, animou hoxe aos populares da provincia de Pontevedra a continuar polo bo camiño e seguir sumando méritos para gañar a confianza
O Grupo Popular pedirá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central garanta o acceso de Lugo e Ferrol á alta velocidade ferroviaria
O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno da vindeira semana que garanta o acceso das cidades de Lugo e Ferrol á alta velocidade ferroviaria en condicións de igualdade
O PPdeG aposta por unha Galicia na que o rural siga vivo, a remuda xeracional sexa unha realidade e a muller siga sendo protagonista
O PPdeG conmemora o Día da Muller Rural poñendo en valor a contribución inmensa das mulleres galegas ao desenvolvemento económico da nosa terra e apostando por unha Galicia na que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies