Pregunta sobre as inspeccións e expedientes sancionadores sobre o xogo en Galicia
A Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia establece que corresponde ao corpo de inspectores de xogos e apostas a vixilancia do cumprimento do previsto na dita lei e nas disposicións regulamentarias así como a persecución do xogo clandestino.
Tamén corresponde, con carácter xeral, á consellería competente en materia de xogos e apostas a imposición das sancións que procedan pola comisión dos feitos tipificados na devandita norma.
Considérase que un dos obxectivos desta labor inspectora debe ser preservar os intereses prevalentes permitindo erradicar e disuadir as intervencións máis perniciosas no eido do xogo e das apostas, perseguir o xogo ilegal e fomentar as actuacións responsables que repercuten no correcto funcionamento dos establecementos e as máquinas de xogo.
Nos últimos meses detectouse unha certaalarma social respecto da implantación en Galicia de novos establecementos de xogo. Cómpre salientar que este tipo de establecementos deben estar sometidos a controis específicos e habituais por parte da inspección de xogo sen prexuízo do resto de inspeccións que corresponde efectuar tamén aos corpos e forzas de seguridade e aos propios concellos onde tales establecementos se instalan.
A Xunta de Galicia conta cun total de 10 inspectores de xogo que realizan visitas periódicas aos casinos, bingos, salóns de xogo e tendas de apostas así como a todos os locais de hostalaría onde figuren instaladas máquinas recreativas e máquinas de apostas, aos efectos de comprobar o cumprimento efectivo de toda a normativa de aplicación nesta materia.
A normativa en materia de xogo é moi restritiva e os requisitos que deben cumprir os ditos establecementos tamén.
Tendo en conta que unha das finalidades da inspección é o coñecemento da situación de legalidade dos distintos sectores implicados, así como proceder a corrección dos correspondentes incumprimentos,os deputados e deputadas asinantes presentanasseguintespreguntaspara o seu debate en Comisión:
-Cal é o número total de inspeccións realizadas polos inspectores de xogo da Comunidade Autónoma no exercicio 2019 especificando o tipo de local ou de xogo inspeccionado?
-Cantos expedientes sancionadores foron abertos pola consellería competente nesta materia no mesmo exercicio e cal foi a recadación en materia de sancións realizada no dito exercicio económico?
Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/POC-000110