Pregunta sobre o investimento para a adquisición de inmobles nos núcleos históricos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense, no marco do programa Rexurbe
O Goberno galego nos últimos anos veu intensificando a súa aposta pola rehabilitación de vivendas na nosa Comunidade a través da convocatoria de distintas liñas de axuda destinadas a preservar o patrimonio construído, mellorar as condicións das vivendas dos galegos e así incidir nunha mellor calidade de vida dos cidadáns. Goberno galego nos últimos anos veu intensificando a súa aposta pola rehabilitación de vivendas na nosa Comunidade a través da convocatoria de distintas liñas de axuda destinadas a preservar o patrimonio construído, mellorar as condicións das vivendas dos galegos e así incidir nunha mellor calidade de vida dos cidadáns.
Na pasada lexislatura ademais das distintas liñas de axudas dirixidas aos propietarios e aos concellos para a rehabilitación de vivendas e dos contornos urbanos, a Xunta tamén está a impulsar outras actuacións directas de rehabilitación, en distintas cidades galegas, en inmobles que son da súa propiedade.
Tamén anunciaba que ía seguir apostando por estas actuacións de rehabilitación directa, coa adquisición de novos inmobles en distintos centros históricos de cidades e vilas galegas e publicaba ofertas públicas de adquisición de inmobles nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense que serán rehabilitados directamente pola Xunta no marco do Programa Rexurbe.
É por iso que os deputados e deputadas asinantes formulan a seguinte pregunta oral en comisión:
-Que investimento prevé destinar a Xunta para a adquisición de inmobles nos núcleos históricos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense, no marco do programa Rexurbe, e para a súa posterior rehabilitación?
Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/POC-000032