Skip to content

Puy afirma que “Galicia parte en mellor posición” para a recuperación económica e pide ao Goberno central que colabore para resolver os problemas

Santiago, 15 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Pedro Puy, afirmou hoxe que “Galicia parte nunha mellor posición” para a recuperación económica das familias e as empresas, pero demandou a colaboración do Goberno central para resolver problemas existentes. En concreto, referiuse ao Plan de Reactivación posto en marcha polo Goberno galego, e demandou a implicación do Estado para o mantemento de Alcoa, a carga de traballo para o naval ou a reforma do regulamento da Lei de Costas que pon en perigo empresas e instalacións públicas e privadas.

Pedro Puy comezou a súa comparecencia perante os medios recordando aos 619 falecidos en Galicia polo coronavirus e trasladando ánimo aos 348 galegos que aínda seguen padecendo esta enfermidade, dos que só oito atópanse hospitalizados.

BOA NOVA

“Comezamos a semana coa boa nova de que Galicia entra no que se da por chamar a nova normalidade, un período que imos vivir en compañía do virus, polo que debemos tomar todas as precaucións posibles para que non volva a producirse un brote que nos leve a ir cara atrás”, manifestou. Neste sentido, engadiu que “Galicia conta cun plan de rebrote e cun sistema de prevención e rastreo suficiente para atender posibles rebrotes, pero todos debemos actuar de xeito responsable durante este período que o virus vai estar entre nós”. Por este motivo, apuntou que “todo estaría máis reforzado se contásemos cun plan de rebrote nacional, con protocolos que todas as comunidades poidan seguir”.

A partir de agora, Puy indicou que “todos temos que traballar pola recuperación económica das familias e as empresas, para o que Galicia parte nunha mellor posición”. Así, lembrou que nos últimos cinco anos a economía galega estaba a medrar unha media anual do 2,5 por cento do PIB; había 96.000 ocupados máis; e a taxa de paro era nove puntos inferior ao 2014. “Ademais, temos a vantaxe de ser a terceira comunidade menos endebedada e que estaba a cumprir as regras de estabilidade, o que nos da credibilidade e máis marxe para actuación”, engadiu.

O portavoz popular salientou que “somos máis optimistas porque os datos demostran que a boa xestión sanitaria da pandemia permitiu ir saíndo de cada fase entre as primeiras comunidades autónomas, o que repercutirá nunha caída menor do PIB”.

COMEZAR A ACTUAR

“Hai que comezar xa a actuar”, demandou, para o que puxo de exemplo que “a Xunta estao a facer co plan de reactivación económica, dotado con máis de 3.000 millóns de euros para recuperar a actividade, xerar emprego nos sectores máis golpeados e fortalecer os servizos públicos esenciais”. En concreto, dixo que este plan “vaise centrar naquilo que os expertos consideran unha prioridade para a recuperación económica: liquidez ás empresas; fomentar o emprego e a formación; garantir a solvencia empresarial; e dinamizar os sectores tractores con investimentos que xa están definidos para sanidade, o emprego, sectores sociais, dinamización económica, infraestruturas, medio rural ou educación”.

Neste sentido, manifestou que este plan de reactivación “require que deamos continuidade á colaboración co Estado, porque a recuperación pasa pola solución a algúns problemas que xa existían e que dependen de decisións por parte do Goberno central que non compartimos”.

Así, considerou “fundamental que o Goberno de Pedro Sánchez se pronuncie sobre a necesidade de permanencia de Alcoa en San Cibrao, a única fábrica que produce aluminio primario en España”. “A viabilidade desta empresa pasa por darlle certeza ao actual propietario como a calquera outro posible comprador, a través dun prezo da enerxía que lle permita competir en igualdade de condicións no mercado internacional, sen ocultar o contido do prometido estatuto das empresas electrointensivas ou pronunciándose sobre as propostas conxuntas realizadas por Galicia, Asturias e Cantabria”, explicou.

Puy tamén saudou o contrato asinado por Navantia para fabricar 62 estruturas para a eólica mariña, unha carga de traballo que “non libera ao Goberno central da súa responsabilidade de iniciar canto antes a fabricación das fragatas F-110”.

No ámbito da automoción, amosou a súa satisfacción porque o Goberno central anunciara un plan de reactivación deste sector e incidiu, á espera de coñecer o contido deste plan, na importancia de aportar certeza e confianza aos consumidores.

“No ámbito industrial tamén nos preocupa a reconsideración do previsto para a lei de costas, que afecta ao sector fundamental da transformación dos produtos do mar na franxa costeira”, sinalou Puy, para quen “estas incertezas deberían resolverse canto antes, e especialmente no momento que estamos a vivir logo da pandemia”.

MEDIDAS FISCAIS

O portavoz popular tamén considerou “importante utilizar medidas fiscais a curto prazo para revitalizar certos sectores, como a baixada do IVE no sector do turismo, ou que se volva aos criterios coñecidos e aplicados para saber cal é o custe da prestación dos servizos públicos, e que afecta á distribución dos 16.000 millóns de euros previstos polo Goberno para as comunidades autónomas”

“Acabamos de ver o reparto dos fondos de apoio ao sector vitivinícola, con criterios que non teñen en conta a produción de Galicia e a súa calidade”, afirmou, para denunciar que “dos 90 millóns que se poñen a disposición do sector a nivel de toda España, a Galicia unicamente se destinan 300.000 euros, moi lonxe do que representa o sector galego no conxunto nacional”.

Por último, lamentou que “empezan a aparecer algunhas cuestións que non se cinguen ao criterio de colaboración leal que houbo durante a pandemia” e puxo como exemplo a obstaculización que desde a Subdelegación do Goberno en Ourense estase a facer ás axudas que a Deputación Provincial dispuxo para apoiar aos autónomos, semellantes ás que realizan outras administracións gobernadas por socialistas.

 

 

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies