Skip to content

Rueda: “Nin a provincia nin a cidade de Ourense van ser alleas ao impulso dos Orzamentos da Xunta máis altos da historia”

8 de novembro de 2022. O presidente do PPdeG reivindicou onte na Xunta Directiva Provincial de Ourense que os Orzamentos da Xunta para 2023 están pensados “para protexer a familias e empresas das incertezas” e neste sentido asegurou que “nin a provincia nin a cidade de Ourense van ser alleas ao impulso duns Orzamentos que son os máis altos da historia e que se sincronizan con aquilo que queren os galegos”.

Afondando nesta idea, puxo en valor que as Contas do vindeiro ano suporán “máis protección e servizos públicos, menos cargas e máis futuro”, xa que se dedicarán “3 de cada 4 euros a políticas sociais”, continuarase a senda das rebaixas fiscais e apostarase por “máis investimentos produtivos”. Asegurou que o obxectivo do seu Goberno é “velar polas economías domésticas a empresariais” porque “é preciso que todas superen nas mellores condicións este momento complexo”

“Galicia necesita aos seus motores económicos e Ourense é un deles”, afirmou o presidente do PPdeG ao tempo que sostiña que “esta provincia ten moito que dicir en sectores estratéxicos da Comunidade” e que por iso os Orzamentos da Xunta para 2023 “cren en Ourense”

Enumerando algunhas das actuacións previstas nestas Contas, Rueda citou as melloras nos hospitais de Ourense, Verín e O Barco, o novo centro de saúde integral de Ourense, o novo ambulatorio da Rúa, as apostas para o Polígono de San Cibrao e a Tecnópole, o Centro de Ciberseguridade, a recuperación da fortaleza de Monterrei, o Parque Acuático de Pereiro ou a nova sede da Xunta

“Cremos no benestar de Ourense e por iso apostamos ademais por iniciativas como o Centro de Atención para Persoas con Discapacidade, por seguir levando as aldeas modelo ao rural e recuperando terras”, engadiu ao tempo que reivindicaba que “a Xunta pode facer realidade todos estes obxectivos, un ano máis, grazas a un modelo baseado na estabilidade, na planificación e na xestión eficaz”

Rueda puxo en valor o traballo de Manuel Baltar á fronte da Deputación de Ourense, asegurando que se trata dunha “receita útil que é compartida” e que debe “estenderse aínda máis nos concellos logo das eleccións municipais de maio do vindeiro ano”

En clave electoral, o líder dos populares galegos defendeu que o PP “é un partido de goberno que non ambiciona o poder polo poder, senón que sabe o que facer con el e quere empregalo para mellorar concellos que necesitan un novo impulso”

 

“CABEZAS É O CAMBIO A MELLOR, NAS FORMAS E NO FONDO”

Referíndose a Ourense como un deses concellos que “necesitan un novo impulso”, o presidente do PPdeG ensalzou a figura de Manuel Cabezas como candidato á alcaldía da cidade: “É o cambio a mellor. Nas formas e no fondo”.

Nesta mesma liña, continuou dicindo que “Ourense precisa pasar páxina dalgunhas actitudes que se cualifican por si mesmas” e “dar paso ao prestixio e a reputación do que foi, e será de novo a partir de maio, o seu mellor alcalde”; facendo así referencia a un Manuel Cabezas que na súa opinión destaca por ter “experiencia, talante, capacidade e un proxecto ilusionante”

Rueda concluíu que o candidato do PP á alcaldía “ten todo o que precisa Ourense neste momento” porque “xa sabe como levar á cidade a esa segunda transformación que continuará a primeira, que leva a súa sinatura” e animou ao partido a “traballar para que en maio teña a maioría absoluta que lle falta para facelo realidade”

 

MANUEL BALTAR: “O PP É O PARTIDO DE OURENSE E DE GALICIA”

O presidente provincial do PP de Ourense reivindicou que a formación está “preparada para unha gran vitoria o vindeiro 28 de maio” e anunciou que antes de que remate o ano terán “aos 92 cabezas de lista que traballarán para conseguir a maioría absoluta na Deputación e superar o récord histórico de alcaldías”. Enxalzando a Manuel Cabezas como “o mellor alcalde da historia de Ourense”, Baltar prometeulle “traballo” para que “xunto ao seu equipo acometa a segunda gran transformación da cidade para situala de novo á vangarda de Galicia”

Reivindicou o líder dos populares ouresáns que “O PP é o partido de Ourense e o partido de Galicia, e nos esforzaremos cada día para reforzar o noso potente liderado político e seguir mellorando esta terra» e asegurou que Alfonso Rueda é“o gran valedor de Ourense”. Nas súas propias palabras: “Ourense contribuirá á quinta maioría absoluta consecutiva do PPdeG cun ourensán, Alberto Núñez Feijóo, presidindo España”.

Noticias recomendadas

Aprobado o ditame do proxecto de Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, paso previo á súa aprobación definitiva en Pleno
A Comisión de Cultura do Parlamento galego aprobou esta tarde o ditame do proxecto de Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, co que este texto lexislativo queda pendente
O PPdeG reclama a Yolanda Díaz que explique o ‘caso Errejón’ e “teña a valentía de dimitir” no caso de que ela ou alguén máis colaborase en encubrir estes feitos
O Partido Popular de Galicia reclama á galega Yolanda Díaz que dea “todo tipo de explicacións” polo escándalo protagonizado por Íñigo Errejón e que, dada a gravidade do acontecido, “teña
O Parlamento galego demanda ao Ministerio do Interior un concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes da unidade adscrita a Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio dos deputados do BNG nin do PSdeG, a través da que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies