Skip to content

Rueda pide “dalo todo” e “acudir ás urnas” para que Galicia sexa “unha peza fundamental” na vitoria de Alberto Núñez Feijóo

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, animou a “dalo todo” e “acudir ás urnas” o 29 de novembro, de tal forma que Galicia se erixa en “motor do cambio de España” e “peza fundamental na vitoria de Alberto Núñez Feijóo”. Así o expresou ante a Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense, onde lembrou que “as enquisas non son máis que enquisas”, e demandou ir “a por todo” e “seguir enganchados ata maio de 2027”, cando se celebren as eleccións locais.

Durante a reunión, que encabezou xunto ao presidente do partido na provincia, Luis Menor, e na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, Rueda asegurou que non pide nada “do que non sexades capaces aquí en Ourense”.

“Confío en que, coma sempre, daredes unha lección desde esta provincia”, engadiu, con Ana Vázquez, como cabeza de lista no Congreso, nomeamento ao que se une o tamén ourensán Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, como número un ao Senado pola provincia de Ourense. “Trátase de dous pesos pesados, de puro ADN do PP de Ourense e do PP de Galicia. Serán uns magníficos representantes para todos os ourensáns e para todos os galegos no Congreso e Senado”, afirmou. Ademais, aproveitou para felicitar publicamente tamén a Miguel Tellado, Francisco Conde e Julio García Comesaña por encabezar na Coruña, Lugo e Pontevedra as listas do PP ao Congreso. Tamén mencionou a Fabiola García, conselleira de Política Social, que será a número dous ao Congreso pola provincia da Coruña, a que se referiu como unha “excelente conselleira” e lle desexou “a mellor das sortes”.

Para o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo “escolle aos mellores para reconstruír España”, facendo referencia a valía dos candidatos anunciados, como parte dun partido, o PPdeG, que vai “sobrado de canteira” e contribuirá a ser “motor do cambio en España”.

O presidente do PPdeG, que pechou a rolda de reunións provinciais para “rematar de engraxar a maquinaria para este ciclo electoral”, chamou a poñer en valor na campaña do 29N a “alternativa” que ofrecen os populares ante o “carrusel de despropósitos” de 8 anos de sanchismo, coa “aposta pola vivenda” como “maior exemplo de política útil”. Neste eido, destacou que, a nivel provincial, estanse construíndo 64 vivendas en Cambedo da Raia; que o PIA do Vinteún permitirá construír 1.400 -polo menos, o 80% protexidas-; e que tamén se están a construír 12 vivendas de promoción pública en San Cibrao das Viñas.

Así mesmo, salientou que os Orzamentos de 2027 destinarán 3 de cada 4 euros a gasto social; duplican o investimento para construír vivenda -de 163 a 326 M€-; inclúen unha achega récord de 661M€ para as administracións locais; e, no caso da provincia de Ourense, esta recibe o maior investimento por habitante (6.040€), cunha dotación de 12M€ para ampliar os parque empresariais.

LUIS MENOR: “QUERO QUE SEXAMOS A FORMACIÓN MÁIS VOTADA”

Pola súa banda, Luis Menor destacou que o intenso traballo de consolidación territorial realizado nestes dous últimos anos resulta agora fundamental para encarar a cita coas urnas do 29 de novembro. Así, trala renovación de máis da metade das agrupacións locais -32 congresos locais, 18 xestoras e o congreso provincial de NNXX-, o líder dos populares ourensáns defendeu o estado de forma do partido asegurando que “hoxe podemos dicir, coa cabeza moi alta, que o PP de Ourense está activo, organizado e preparado”.

Neste contexto, Menor fixo un chamamento aos membros da xunta directiva para fuxir de calquera tipo de conformismo. O obxectivo non pasa só por obter o triunfo, advertiu, senón por lograr unha rotunda vitoria que marque a diferenza sobre o resto das forzas políticas. “Quero que sexamos tamén a formación popular máis votada”, remarcou, subliñando que alcanzar estas máximas porcentaxes outorga toda a lexitimidade democrática para gobernar, e reafirma ao Partido Popular como a forza política que mellor representa os intereses de Ourense.

O presidente provincial subliñou que a mobilización para o 29N será tamén decisiva para encarar coas máximas garantías as eleccións municipais de maio de 2027. Redobrar esforzos agora permitirá ao partido situarse no mellor escenario posible para a cita local. Este proceso, concluíu Menor, situará á formación “co partido absolutamente mobilizado” para consolidar o éxito, obtendo así unha gran recompensa: “Axudar a recuperar a convivencia, o respecto e o progreso neste país, e a asegurar a calidade de vida e o futuro dos nosos concellos”.

Noticias recomendadas

A Xunta incrementa un 5,4% os Orzamentos do 2027 en Lugo para “avanzar en proxectos comprometidos na provincia” e reforzar os servizos públicos
Os deputados do Partido Popular no Parlamento de Galicia poñen en valor o incremento do 5,4% dirixido á provincia de Lugo de forma directa dos Orzamentos da Xunta para o
Pazos, sobre os compromisos de vivenda de Sánchez: “Para a Xunta a clave está en construír e para o Goberno central en prometer”
O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, urxiu hoxe ao Goberno central a que dea conta, con transparencia e de forma detallada, do número total de inmobles que puxo
O PPdeG urxe ao Executivo central a transferir de balde as 2.342 vivendas propiedade da Sareb para destinalas ao alugueiro social
O deputado do Grupo Parlamentario Popular Roberto Rodríguez esixiulle hoxe ao Goberno de España a cesión gratuíta e definitiva de todas as vivendas da SAREB situadas na comunidade autónoma para
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies