Skip to content

Tellado di que a mellora do emprego en Galicia pode verse comprometida polas incertezas do Goberno central

2, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que é o momento de que Galicia inicie a recuperación do mercado laboral, tras poñer en valor que Galicia fose quen de conter a caída do desemprego no mes de maio. Neste senso, avogou por comezar a recuperar o tempo perdido e volver á tendencia positiva que se rexistraba antes dos efectos da Covid-19 na creación de emprego.

Tal e como apuntou Tellado, esta mellora dos datos de emprego poden verse comprometidos debido ás incertezas que o Goberno central está a arroxar en Galicia: “Os empregos que non destruíu o Covid-19 pode destruílos o Executivo de Pedro Sánchez, se continúa sen actuar ante o inminente peche de Alcoa”. “Galicia -engadiu- non pode ter no Goberno de España un inimigo declarado á creación de emprego”.

O número dous dos populares galegos pediulle ao Executivo central que, se non é quen de crear postos de traballo, que non comprometa os que xa existen: “Confiamos que os logros acadados grazas á estabilidade laboral e económica de Galicia non se vexan comprometidos polos despropósitos do Goberno de Pedro Sánchez”.

APOSTA POLA UNIDADE, O CONSENSO E O DIÁLOGO SOCIAL

Así, o número dous dos populares galegos recalcou a necesidade de activar medidas que nazan da unidade, o consenso e o diálogo social, “deixando a un lado os debates estériles que só provocan confusión e inestabilidade”. Neste punto, afeou a intención do Goberno central e de Bildu de derrogar a reforma laboral, sen ter en conta a opinión da patronal e os sindicatos.

Tellado remarcou que este punto de inflexión na tendencia negativa no eido do emprego, iniciada a mediados de marzo polos efectos da Covid-19, é posible grazas á estabilidade económica e laboral que vivimos en Galicia co Goberno de Feijóo na última década, así como pola aposta decidida do Executivo autonómico polas políticas activas de emprego e a formación.

“O noso compromiso para os vindeiros anos é seguir creando emprego de calidade”, apuntou Tellado. E referiuse ás medidas recentemente aprobadas no Consello da Xunta e encamiñadas a acadar, precisamente, este obxectivo, como os 16 millóns de euros para reactivar a actividade de 27.000 autónomos e pemes do comercio, o turismo, os servizos e o transporte; os 40 millóns de euros para afondar na dixitalización do tecido empresarial; ou nos 8 millóns de euros para complementar as prestacións dos traballadores afectados por ERTE e para os maiores de 55 anos que perderon o seu emprego.

GALICIA COMEZA A CREAR EMPREGO

O número dous dos populares galegos destacou o cambio de tendencia de Galicia no eido laboral e o mellor comportamento que rexistra a nosa Comunidade con respecto a España. “En Galicia o paro baixa un 0,29%; fronte á suba do 0,69% da media nacional”, indicou Tellado, quen remarcou que o nivel de desemprego na nosa comunidade segue sendo inferior ao rexistrado en maio de 2009.

Ademais de destacar que Galicia comeza a crear emprego -con 1.603 afiliacións máis á Seguridade Social-, apuntou que é un emprego de calidade.  Firmáronse preto de 7.000 contratos máis que no mes de abril, o que supuxo un incremento do 29,3%, case tres puntos máis que a media nacional. Do mesmo xeito, salientou que o mercado de traballo comeza a recuperar dinamismo, ao aumentar, en maio, a contratación indefinida e a de a tempo completo.

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda: “A receita para que Galicia e Ourense sigan funcionando é a da centralidade, a estabilidade e o sentidiño que representa o Partido Popular”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que na centralidade, na estabilidade e no sentidiño que caracterizan ao Partido Popular está “a receita” para que Galicia e Ourense “sigan
Alberto Pazos traslada a preocupación do pobo saharaui polo “incomprensible bandazo do Goberno de Pedro Sánchez nas relacións de España co Sáhara Occidental”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, trasladou hoxe, logo da viaxe dunha delegación do Parlamento de Galicia ao campo de refuxiados saharauis de Tinduf en Alxeria, a preocupación existente
O Grupo Popular asegura que SOGAMA manterá a media do canon de 2023 aos concellos adscritos
O deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que SOGAMA manterá de media o mesmo canon do ano 2023, fixado en 66 euros por
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies